Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Reivindica os teus dereitos no día da Información Xuvenil cunha imaxe

RR_Noticias

Este venres, 17 de abril, celébrase o Día Europeo da Información Xuvenil, no que se reivindica a importancia de acompañar á mocidade no seu camiño cara á emancipación e o seu pleno desenvolvemento como cidadáns. Dende a Concellería de Xuventude convidan aos mozos e mozas a participar nesta celebración cunha imaxe con lema na que se poña en valor a importancia deste servizo. As imaxes poden enviarse até o 30 de abril ao correo xuventude@redondela.gal

Este 17 de abril recoñécese en toda Europa o labor que fan os Servizos de Información Xuvenil no desenvolvemento da mocidade. A concello de Redondela súmase á efeméride e anima aos máis novos a celebralo de xeito virtual enviando unha imaxe cun lema que poña de relevancia o papel que xoga a información que proporcionan estes servizos no seu crecemento persoal. Unha iniciativa que se dirixe a mozos e mozas de entre 14 a 26 anos.
Os participantes deberán enviar unha imaxe cun lema, en formato horizontal, no que se mostre “ o que supón a información xuvenil, o que aporta, ou o que significa, e cales deberan ser os temas prioritarios a difundir”. As propostas deben ser enviadas antes das 14.00 horas do 30 de abril ao correo xuventude@redondela.gal. Ao longo do mes de maio iranse publicando as imaxes enviadas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp