Hoxe é Luns 4 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP solicita que se exima a autónomos e comercio local do pago de impostos e taxas municipais

RR_Noticias

Os Populares solicitan a celebración telemática do pleno de marzo para aprobar medidas urxentes coas que afrontar a crise do coronavirus. Entenden que non ten sentido manter “a actual situación de parálise, unha vez aprobada unha modificación legal que permite a celebración telemática de plenos e comisións municipais”. Un pleno no que solicitarán a creación dunha Mesa Municipal de Diálogo Social e que se exima a autónomos, pequenas empresas e comercio local do pagos de impostos mentres dure o peche obrigatorio.

Para a voceira do PP, Carmen Amoedo resulta urxente a celebración dun Pleno “para que podamos adiantarnos a situación que está a provocar a epidemia de coronavirus”. Engade que ante a nova realidade social na que son moitas as familias que está a sufrir dificultades é preciso que o concello adopte as medidas necesarias para atender as súas necesidades mais inmediatas mediante a posta en marcha dunha seria de axudas encamiñadas a poboación mais vulnerable.
Neste sentido solicitarán a través dunha moción a creación dunha Mesa Municipal de Dialogo Social na que grupos políticos e asociacións de carácter social podamos consensuar medidas para minimizar os efectos sociais do coronavirus.”
A voceira popular tamén anticipou a presentación de propostas para aliviar a situación de autónomos, pequenas empresas e comercio local. Concretamente pedirán que se exima a estes colectivos dos impostos e taxas municipais durante o tempo que dure este peche obrigatorio da actividade.
Amoedo tamén insistiu na necesidade de traballar de cara ao futuro e por iso os populares proporán “a creación dun Plan Municipal de Acción Comercial de carácter plurianual, consensuado entre os grupos municipais e a Asociación de Empresarios de Redondela. Temos que planificar as accións que nos permitan superar no menor prazo posible a previsible crise económica que vai ter lugar tras superar a epidemia”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará