Hoxe é Luns 9 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concursos, retos e xogos do Grupo Casa Paco para nenos e familias durante o confinamento

RR_Noticias

Un concurso de debuxo, retos de control de papel hixiénico ou de encher a cara de fariña. Estas son algunhas das propostas que desde o club lanzan nas redes sociais para que os seus xogadores sigan en contacto e entretidos nestas semanas de crise sanitaria polo COVID-19.

O responsable do club, Manuel Conde, agredece a colaboración das familias nestas actividades, e destaca o comportamento dos rapaces, que cualifica de “fantástico”. Son aproximadamente 100 nenos e nenas, de entre 4 e 9 anos, os que forman parte do club, e son “como unha gran familia”. Todos están a participar con moito ánimo nos retos e actividades que propoñen. Salienta que o éxito destas iniciativas se debe tamén á colaboración de pais de xogadores do club como Iván Valles e Carlos Conde, que se encargan das redes sociais. A última das propostas é un concurso de debuxo cun premio moi doce, unhas botas e un balón de fútbol de chocolate. Como todos os participantes fixeron uns debuxos “tan bos”, o club decidiu sortear o premio entre todos os participantes. Conde confía en que, coa colaboración da Policía Local, lle poidan facer chegar as figuras de chocolate ao gañador ou gañadora. Fin de temporada incerto En canto á posibilidade de rematar a actual temporada 2019-2020, Conde é pesimista. Sinala que, tal como está a situación, será moi difícil poder retomar a liga, circunstancia que lamenta porque os equipos do Grupo Casa Paco estaban a facer “unha temporada espléndida”, con opcións de ser campións en moitos dos campionatos nos que xoga na área de Vigo. Con todo, entende que o principal é “a saúde e a seguridade de todos”. Sinalan desde o club que non paga a pena despois deste mes de confinamento correr riscos “e tirar o bo traballo feito por todos ata agora”.

Manuel Conde do Grupo Casa Paco 81
Un concurso de debuxo retos de control de papel hixiénico ou de encher a cara de fariña. Estas son algunhas das propostas que desde o club lanzan nas redes sociais para que os seus xogadores sigan en contacto e entretidos n
Fin de temporada incerto
Sinalan desde o club que non paga a pena despois deste mes de confinamento correr riscos "e tirar o bo traballo feito por todos ata agora".

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará