Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Novas denuncias por incumprir o confinamento durante os festivos de Semana Santa

RR_Noticias

Desde o pasado 10 de abril, festividade de venres santo, a Policía Local sumou 6 novas denuncias por non cumprir coa orde de confinamento ante o Covid19. Entre os denunciados está unha parella, que reside en Alacante, e que se desprazou durante estas datas festivas a Redondela. Un varón foi detido pola Policía Nacional por incumprir reiteradas veces o confinamento. Outro dos denunciados é un condutor que ademais circulaba sen permiso nin seguro, e cunha alta taxa de alcolemia.

Dende que comenzou a orde de confinamento coa Estado de Alarma por mor da crise do coronavirus, os controis son continuos en diferentes puntos do municipio de Redondela. Son punto especial de atención as estradas nacionais que atravesan o Concello, en dirección a Vigo, Pontevedra, O Porriño ou Peinador. O obxectivo destes controis é evitar desprazamentos inxustificados, e incrementáronse nos pasados días festivos por mor da Semana Santa. Durante a fin de semana tamén se investigou a un condutor por un delito contra a seguridade vial “por circular sen permiso, sen ITV, sen seguro obrigatorio e cunha taxa de alcolemia elevada, ademáis de ser denunciado por incumprir o confinamento.Por outra banda, axentes da Policía Nacional detiveron a home logo de reiteradas denuncias por incumprir o confinamento decretado polo Estado de Alarma.
Desde a Policía Local tamén informan de que se tramitaron dúas denuncias á lei de Seguridade cidadá “por falta de respeto e consideración a axentes da policía local a través das redes sociais”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará