Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Distribúense en Redondela máis de 300 máscaras protectoras para as persoas que volven ao traballo

RR_Noticias

Axentes da Policía Nacional e Local distribuíron desde primeira hora desta mañán máis de 300 máscaras de protección en Redondela. Trátase dunha medida adoptada polo goberno central com para aquelas persoas que teñen que saír á rúa por motivos laborais. No caso de Redondela o reparto fíxose nas zonas industriais de Vilar e Chapela. Nos próximos días tamén se dotará destas máscaras aos usuarios de transporte público nas liñas de Autos González.

A Policía Nacional é a encargada de repartir estas máscaras de protección, e desde o Concello de Redondela e a Policía Local están a colaborar coa xestión da distribución. Desde as 7.00 da mañá foron máis de 300 as que repatiron en puntos como os accesos ao polígono industrial de Vilar, ou en Chapela, nos accesos a Nueva Pescanova. Nos vindeiros días tamén se ofrecerán aos usuarios do transporte público nos autobuses de Autos González nas súas diferentes liñas. Desde o Concello tamén están en contacto coa Asociación de Empresarios de Redondela para coñecer cales son as industriais ou negocios onde se precisa deste material de protección para facilitarllo. Estas máscaras serven de barreira de protección pero non posúen filtros de partículas. Son para persoas adultas sen síntomas que non teñan máscaras cirúrxicas nin máscaras filtrantes de protección contra partículas. Deben cubrir o nariz, a boca e queixo e, unha vez axustadas, non deben tocarse coas mans, agás que estas se lavaran antes. A máscara hixiénica só a pode utilizar unha persoa, e preferiblemente unha única vez, aínda que pode facelo varias se a usa en períodos de tempo moi curtos. Unha vez usada débese desbotar. Emilio Santiago, médico no Centro de Saúde de Redondela, explica que non é preciso utilizar estas máscaras en espazos abertos, pero si é recomendable poñelas en lugares con aglomeración de persoas “como transporte público, empresas, supermercados, etc.” O Goberno central vai repartir un total de dez millóns de máscaras de protección, 600.000 en Galicia. Distribuénse entre as persoas que volven ao traballo, especialmente para as que o fan en transporte público.

Emilio Santiago médico
Non é preciso utilizar estas máscaras en espazos abertos pero si é recomendable poñelas en lugares con aglomeración de persoas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará