Hoxe é Venres 17 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Digna Rivas: “Aplicaremos medidas sociais e económicas para non deixar a ninguén atrás”

RR_Noticias

Dende que comezara o Estado de Alarma, dende o Concello de Redondela téñense emitidos diferentes bandos e adoptado numerosas medidas que buscan informar e paliar, na medida do posible, os efectos que esta situacións está a ter entre a veciñanza. Con todo, a alcaldesa ten a vista posta “no que virá despois” porque entenden “é deber do goberno local traballar para que, unha vez superado o confinamento, a administración local estea en disposición de garantir as necesidades de todos os veciños”.

Nas últimas semanas asistimos a unha batería de medidas no ámbito social, coa posta en marcha dun teléfono de atención en colaboración coa Cruz Vermella, no ámbito económico, tentando dinamizar o comercio coa proposta “Redondela MercaNaCasa”, tamén no ámbito educativo ofrecendo a impresión de apuntes para aquel alumnado que carece de ordenador o acceso a internet ou mesmo no cultural, suspendendo diferentes eventos. Con todo, a alcaldesa asegura que o que máis lle preocupa é “a situación que se vivirá unha vez se supere a crise sanitaria”. Por ese motivo dende o goberno local están xa traballando para que cando chegue ese momento se poida reaccionar dende a administración local do xeito máis áxil posible para solventar as necesidades dos veciños e veciñas. Neses sentido apunta que están a traballar en diferentes medidas de carácter social e económico para non deixar atrás aos que máis se están a ver afectados por esta crise. Explica tamén que a vida política non está paralizada “mantemos contacto telefónico cos grupos da oposición co obxecto de telos informados e coñecer tamén as súas propostas”. Ademais de lembrar un dos momentos máis duros desta crise “cando coñecemos ao primeiro falecido polo coronavirus en Redondela, quen fora ademais policía local” e agradece enormemente a colaboración e a responsabilidade que os veciños están a amosar nestes momentos respectando maioritariamente o mandato de quedar na casa.  

Digna Rivas alcaldesa
O que máis lle preocupa é o que virá despois
Medidas adoptadas
Unha improvisación que tenta dar resposta as necesidades dos veciños

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará