Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A festa do Choco e a celebración dos Maios, canceladas por coronavirus

RR_Noticias

O alongamento do estado de alarma e a presumible prohibición posterior de aglomeracións de público, fan imposible a celebración destas dúas festas multitudinarias, polo que o goberno local vén de anunciar a súa suspensión. Caen así do calendarios dúas celebracións de referencia no municipio como son as festas do Choco e Os Maios e que “por motivos obvios” non poden ser aprazadas.

A decisión da suspensión da Festa do Choco adoptouse logo de manter contactos co presidente da confraría de pescadores e con empresarios do sector da hostalería que tiñan confirmada a súa presenza nesta edición do 2020. En ámbolos dous casos confirmouse a imposibilidade de trasladar a data de celebración, “dado que o choco ten a súa tempada e non tería sentido facelo fora da mesma”, explica a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, que lembra que concellos “como Arbo ou As Neves, suspenderon a Festa da Lamprea e a do Requeixo e o Mel, por motivos similares, ao tratarse de festas gastronómicas con datas moi concretas”.
Algo similar acontece coa Festa dos Maios que, cada ano, congrega a miles de persoas arredor desta tradición. O alongamento do estado de alerta e a súa próxima apertura “controlada” na que se prohibirán as aglomeracións de público, “fan imposible unha celebración que é multitudinaria e que, polo seu propio nome, non tería sentido trasladala, previsiblemente, máis aló de xullo”, apunta a alcaldesa.
En todo caso, agás estes dous casos puntuais, dende a Concellería de Cultura tentarán que “as actividades culturais previstas para as vindeiras semanas non sexán suspendidas, senón aprazadas” con obxecto de “apoiar á cultura e as persoas que viven dela e ás que, como a case todo o sector empresarial, comercial e produtivo, esta crise sanitaria golpea con especial dureza”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará