Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Taxi a demanda para mellorar a conectividade das parroquias

RR_Noticias

Esta é a proposta que pretende pór en funcionamento o concello de Redondela antes de que finalice o ano para dar servizo a aqueles núcleos de poboación onde non chega o autobús ou onde as frecuencias son poucas. Os usuarios terían que contratar previamente o servizo e o taxi sería compartido por varias persoas. O sector xa amosou a súa disposición a colaborar. Para sacalo adiante, precisan o apoio do resto dos partidos da corporación.

O Goberno local de Redondela vén de trasladarlle aos grupos da oposición a súa proposta para implantar no municipio un “servizo de taxi baixo demanda”. Unha iniciativa que busca conseguir unha comunicación fluída e eficiente das parroquias cos núcleos urbanos tanto de Redondela coma de Chapela. Así como dar servizo ás zonas peor comunicadas ás que non chega o autobús, pola falta de demanda ou pola imposibilidade do acceso. Ademais de mellorar a comunicación dos veciños tamén se busca dinamizar o sector do taxi no municipio.
Os usuarios e usuarias terían que contratar o servizo previamente e os taxis serían compartidos. Tamén se poderían establecer servizos regulares, co mesmo percorrido e horario.
A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, fai fincapé en que este sistema suporía desenvolver “un modelo de transporte urbano respectuoso co medioambiente”, que permitirá “a conexión das parroquias cos núcleos urbanos e cos seus servizos e competencias administrativas”.
O proxecto vén de ser presentados a todos os grupos da corporación, dos que se precisa o seu visto é prace para aprobalo. Agora deberán contratar a realización dun informe sobre a viabilidade do proxecto e as súas características.
O servizo estaría financiado polo Fondo Europeo a través do Programa Operativo FEDER de Crecemento Sostible 2014-2020 e dentro dunha liña específica dedicada ao transporte urbano sustentable entre parroquias.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará