Hoxe é Mércores 6 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior recibirá 760.000€ da Xunta para garantir o bo funcionamento da depuradora

RR_Noticias

O Goberno galego mantén o apoio a esta entidade local nas súas competencias, garantindo o funcionamento desta instalación durante os dous vindeiros anos, tras destinar desde 2005 un orzamento de máis de 4 millóns de euros. Coa achega destes 760.000 euros, o Executivo autonómico continuará asumindo o funcionamento da depuradora de Arcade, deseñada cunha capacidade de depuración para unha poboación de 8.621 habitantes. Malia ser a prestación dos servizos de saneamento e abastecemento unha responsabilidade municipal “a Xunta proporciona o seu apoio técnico e financeiro aos concellos que o precisen”.

O Consello da Xunta aprobou o investimento de máis de 760.000 euros para dar continuidade á cooperación co Concello de Soutomaior na xestión e explotación da estación depuradora de augas residuais de Arcade. Coa autorización de hoxe, a Xunta renova esta concesión para os vindeiros 24 meses, estendéndoa concretamente ata o 30 de maio de 2022. 
A depuradora de Arcade está deseñada para o tratamento dun caudal medio de 2.592m3/día e unha capacidade de depuración estimada para unha poboación de 8.621 habitantes equivalentes.
A cooperación da Xunta co Concello de Soutomaior permite “a mellora da calidade de vida das poboacións asentadas entorno ás rías, o aumento da competitividade económica e o fomento do turismo, así como a mellora da produtividade no sector marisqueiro”.
A explotación e mantemento das infraestruturas hidráulicas teñen como obxectivos garantir a correcta depuración das augas residuais e ofrecer uns servizos que respondan ás necesidades reais da poboación. Estas tarefas comprenden as accións necesarias para o funcionamento axeitado das instalacións de forma ininterrompida co fin de acadar uns índices de depuración que cumpran os límites establecidos na normativa de aplicación.
Os traballos inclúen a retirada nas debidas condicións hixiénicas, o transporte e a vertedura de graxas, areas e residuos das reixas e tamices, o desecado dos lodos producidos e a conservación en bo estado da totalidade dos elementos, instalacións e equipos da planta.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará