Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

María Barciela: “Isto serviume para saber o moito que me queren os meus veciños”

RR_Noticias

Emocionada, esta muller de Redondela de 80 anos conta como nas 3 semanas de confinamento que pasou completamente soa na súa vivenda a axuda dos veciños foi constante “traíanme pan, froita e cousas do día a día para que non saíra da casa”. Foron días duros “nos que pasaba as tardes chorando”. Agora María recuperou a alegría dende que o pasado luns xa ten na casa a súa filla “estaba en Canarias e tivo que facer moitos trámites para que lle permitiran vir”. Con todo, aínda se lle fai difícil non poder achegarse a ela “estamos respectando a corentena e falamos separadas dous metros, como si estiveramos enfadadas”.

Non lle chegan as palabras de agradecemento tanto para os veciños que estiveron pendentes dela en todo momento, como para os servizos da Cruz Vermella e Servizos Sociais que axilizaron o papeleo para que a súa filla puidera viaxar dende Canarias “había que demostrar que se trataba dun desprazamento necesario e que realmente eu estou soa aquí”. Unhas xestións que deron o seu froito e que permiten a María estar xa acompañada da súa filla dende o pasado luns. A súa chegada poñía así fin a máis de tres semanas pechada na casa e sen ter contacto con ninguén máis aló das chamadas telefónicas. Unha soidade que recoñece se lle fixo extremadamente dura “as mañás aínda se me pasaban limpando ou remexendo na casa, pero as tarde pasábaas no sofá chorando”. María Barciela é un exemplo de tantas persoas que viven soas e que, á xa difícil situación do confinamento, teñen que facerlle fronte a soidade e a un medo inevitable ante a posibilidade de enfermar dun virus que se está a cebar cos maiores. Afortunadamente María goza de boa saúde e recuperou  xa o seu bo humor.  

María Barciela agradecementos
Emociónase ao falar do ben que a coidan os seus veciños
Vivir soa
Para ela foi moi duro ata que chegou a súa filla
Sen apertas e gardando a corentena
Segue sendo difícil non poder achegarse a súa filla

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará