Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A policía alerta dunha relaxación no confinamento en Redondela

RR_Noticias

Atopámonos ante os que poderían ser os días máis duros en canto a número de falecidos por Covid19, con todo, na xornada de hoxe o movemento no centro da vila era notablemente superior respecto de días anteriores. Dende a Policía Local insisten en que non hai que baixar a garda, seguiren alertas e respectar o Estado de Alarma, único xeito de garantir o control da pandemia. Lembran ademais que continúan as denuncias e as multas por saltarse o confinamento sen xustificación. Os controis nas estrada seguirán na fin de semana.

Ben polo cansazo acumulado logo de tres semanas de confinamento ou por unha falsa idea de que a pandemia está xa controlada, o certo é que na xornada de hoxe foron máis os veciños e veciñas que saíron a rúa. De feito, os axentes da policía local tiveron que advertir a moitos da necesidade de respectar o confinamento, do mesmo xeito que o están a facer nos numerosos controis que estes días se suceden nas estradas. Controis nos que se lle solicita aos condutores a documentación correspondente que xustifique o desprazamento que están a realizar ou explicacións de cal é o motivo de estaren na rúa. Uns controis que lembran endureceranse na fin de semana.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará