Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido un veciño de Chapela por un presunto delito de violencia de xénero

RR_Noticias

Axentes da Policía Local de Redondela procederon a deter a un varón de 23 anos de idade por un presunto delito de violencia de xénero contra a súa parella, unha moza de 25 anos coa que convive. Os feitos producíanse na noite do luns, logo de que un familiar da vítima se personase nas dependencias policiais para denunciar os feitos.

Unha vez tiveron coñecementos do posible caso de malos tratos, os axentes desprazáronse ao domicilio que comparte a parella na parroquia de Chapela. Logo de falar con cada un deles por separado e detectando un posible caso de violencia de xénero por maltratos físicos e psicolóxicos, procederon a deter ao varón, que foi trasladado a comisaría da Policía Nacional de Vigo para posteriormente ser posto a disposición xudicial.
Malia non existir denuncias previas non era a primeira vez que os axentes acudían a este domicilio logo de seren alertados de posibles malos tratos, con todo, a muller sempre negou os feitos.
Lembramos o número de teléfono de atención ás vítimas de violencia machista, o 016 que atende as 24 horas e non deixa rastro na factura malia que si hai que borrala do rexistro de chamadas do teléfono móbil.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará