Hoxe é Sábado 5 de Decembro de 2020

Alerta pola aparición dun caso de papeiras no Instituto de Soutomaior

RR_Noticias

A directiva do centro enviou unha notificación ás familias informando  da detección dun caso de parotidite ou papeiras entre o alumnado do instituto. Explican que se trata dun único caso, mais solicitan ás familias que estean vixiantes ante a aparición de posibles síntomas entre os seus fillos, dado que o período de incubación dáse entre os 12 e os 25 días.

As papeiras son unha enfermidade contaxiosa que provoca inflamación ns glándulas salivares con febre e dor, polo que alertas as familias a estaren atentos antes a aparición de posibles síntomas como dor de gorxa, dor de  cabeza, cansazo, perda do apetito e, o que é máis característico, a inchazón das fazulas e a mandíbula que se debe á inflamación das glándulas salivares (parotidite), que poden ser dolorosas ao tacto.
Algunhas persoas teñen síntomas moi leves ou non teñen ningún, e a miúdo non saben que teñen a enfermidade. A maioría das persoas enfermas recupéranse completamente nunhas poucas semanas. Con todo, ás veces, poden haber complicacións, especialmente nos adultos. Dende o Sergas lembran que na actualidade en Galicia está a aumentar o número de casos de parotidite e neste contexto recoméndase que as persoas con parotidite non asistan a clase ou ao traballo, nin a reunións de ningún tipo; e, sobre todo, non deberían ter contacto con embarazadas, nenos menores de 12 meses ou inmunodeprimidos, nos 5 días seguintes ao comezo dos síntomas.
 

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *