Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“Chini”: “Na segunda volta están chegando os bos resultados que se resistían ao comezo de liga”

RR_Noticias

A SAR Rodavigo, de División de Honra Prata Feminina, comezou a temporada de xeito irregular. O equipo ofrecía un bo xogo, pero os resultados non chegaban. Agora o deporte faille xustiza e xa encadean cinco vitorias consecutivas. O técnico confía en seguir “con esta intensidade e ilusión” o que resta de temporada.

A pasada fin de semana, en terras asturianas, impuxórense ao Xixón, na que foi a quinta vitoria consecutiva do equipo. Fixérono dominando o marcador desde o comezo, malia que tiveron que pelexar até o final para traer os dous puntos a Redondela. Os bos resultados desta segunda volta están a “compensar” o mal comezo ligueiro do equipo de Elisardo Covelo “Chini”. O técnico sinala que, malia que sempre fixeron un bo xogo, os resultados non chegaban “por mala sorte ou falta de definición nos últimos minutos”. Agora están nunha xeira moi positiva de resultados, coa permanencia asegurada, e o equipo “moi ilusionado”. De cara aos obxectivo ata o final de temporada, para o que quedan seis xornadas, o adestrador aspira a seguir “coa mesma intensidade e ilusión” para rematar a liga “o máis arriba posible”. Ser o mellor equipo galego da categoría sería un excelente resultado, pero será complicado xa que o Carballal está agora un posto por riba, é 7º, pero a 6 puntos de distancia. SAR Rodavigo-Comercial Ulsa Han Vall Teñen agora un calendario difícil, no que se medirán a algúns dos equipos máis fortes do campionato. Esta fin de semana reciben en Redondela ao Hand Vall de Valladolid, 5º na táboa. Será un partido especial para o técnico, xa que no banco do conxunto rival senta Rubén Carrasco, co que mantén amizade desde hai anos. “Chini” agarda facer un bo partido co apoio da súa afección na Bomboneira. A cita será o sábado, ás 18.30 horas.

Elisardo Covelo "Chini" técnico
Os bos resultados desta segunda volta están a "compensar" o mal comezo ligueiro do equipo.
Obxectivos da SAR Rodavigo
O técnico confía en seguir "con esta intensidade e ilusión" o que resta de temporada.
SAR Rodavigo-Comercial Ulsa Han Vall
Esta fin de semana reciben en Redondela ao Hand Vall de Valladolid 5º na táboa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará