Hoxe é Venres 11 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

26 comparsas participan este ano no desfile de Carnaval

RR_Noticias

Conta atrás para o Entroido que este ano contará con máis comparsas na rúa. Se o ano pasado foron 23, nesta edición son un total de 26 as que o domingo percorrerán o casco urbano a partir das 18:00 horas dende o Campo da Feira ata Vilavella. En Chapela será un total de 16 as que participen nesta edición na comitiva do Enterro do Berete o último sábado de mes. O programa do carnaval arranca xa este sábado con actividades infantís e o concerto de Paco Nogueiras.

Pechado o prazo de inscrición coñecemos xa que serán un total de 26 comparsas as que animen o centro da vila na tarde noite do domingo. Un desfile de cor e festa, onde non faltarán as carrozas e a animación musical xa a partir das 17:00 horas co grupo Aperta Percusión. Durante a mañá tamén haberá música na Alameda coa actuación ás 12:00 hroas de Cé Orquestra Pantasma.
O desfile de comparsas sairá unha hora despois dende o Campo da Feira, percorrendo as rúas do centro ata a zona de Vilavella. A entrega de premios ás mellores comparsas está prevista para as 20:30 horas, cando se dean a coñecer os diferentes galardóns na praza do Concello.
A programación do entroido con todo arrancará xa o sábado, cunha proposta orientada ao público infantil e xuvenil. Dende ás 17:00 horas os nenos poderán participar en diferentes obradoiros infantís de disfraces con presenza da Coca Simona. Haberá tamén na pista da Xunqueira inchables de balde durante toda a tarde. E a animación musical correrá a cargo de Paco Nogueiras e o seu espectáculo Brinca Vai ás 19:00 horas na Alameda Castelao.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará