Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un calendario para aprender en familia todos os días do ano

RR_Noticias

O CEIP Laredo acolleu a presentación do novo Calendario Competencial 2020 “Aprendizaxes para a vida”. Trátase dunha ferramenta para os alumnos e as súas familias, con propostas para aprender xuntos todos os días do ano con temas sobre igualdade, medio ambiente, cultura, valores e outras áreas do coñecemento.

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, e a cordinadora do proxecto, Teresa Domínguez, elexiron este ano o colexio Laredo para presentar o calendario 2020, unha ferramenta para que “non só nas escolas, senón tamén as familias” participen no proceso de aprendizaxe da rapazada “tendo en conta todas as competencias”. Domínguez puxo en valor a importancia da contorna familiar “para que a educación integral dos nenos e nenas sexa un éxito”. Os calendarios ofrecen, para cada día, actividades e iniciativas para que as familias poidan traballar e aprender “na casa, nun paseo polo monte, na praia, ou mentres fan a compra”. Están presentes todas as áreas do coñecemento e con el preténdese tamén poñer en valor o papel da muller na sociedade. A presidenta provincial destacou que as actividades propostas “son divertidas, para facer todos en familia e aprender a través de experiencias”. Hai xogos, cinema en familia, lecturas recomendadas, pautas de educación ambiental, entre outros temas, e tamén salienta a visibilidade da muller en todos os campos da sociedade, desde a arte á literatura, a ciencia ou o deporte. O CEIP Laredo como referente O colexio Laredo foi o centro escollido este ano para a presentación do calendario “por ser un referente a nivel estatal no ensino “de calidade”, con proxectos que son un exemplo en eidos como a ecoloxía ou a solidariedade. Nun días nos que a activista Greta Thunberg está de actualidade, Teresa Domínguez asegura que os alumnos do CEIP Laredo fan un papel “aínda máis importante”, xa que contribúen a mellorar o medio ambiente da súa contorna. Durante o acto de presentación dos calendarios, a presidenta da Deputación enxalzou tamén o papel da educación pública, “a mellor educación que existe tanto en contidos como en calidade”, porque tamén inculca nos nenos “valores, compromiso e principios para a vida”. A Deputación distribuirá máis de 5.000 calendarios en centros de ensino públicos de toda a provincia de Pontevedra, con dous modelos diferentes, un para Educación Infantil e outro para o alumnado de Primaria. De cara ao próximo ano a Deputación pensa elaborar un calendario tamén para alumnos da ESO.

Teresa Domínguez cordinadora do proxecto
Os calendarios ofrecen para cada día actividades e iniciativas para que as familias poidan traballar e aprender dun xeito lúdico.
Carmela Silva presidenta da Deputación
A presidenta provincial destacou que as actividades propostas "son divertidas para facer todos en familia e aprender a través de experiencias"
O CEIP Laredo como referente
O colexio Laredo foi o centro escollido este ano para a presentación do calendario "por ser un referente a nivel estatal" con proxectos que son un exemplo en eidos como a ecoloxía e a solidariedade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará