Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Manifestación en Redondela polo despedimento dun traballador de Urbaser

RR_Noticias

A Central Unitaria de Traballadoras CUT, vén de demandar a URBASER pola vulneración do dereito fundamental a liberdade sindical por ter aplicado, segundo explican “represión e discriminación contra varios dos seus afiliados/as repartidos polos contratos que ten a empresa na provincia, un deles chegando a despedilo e outros con distintos tipos de sancións”. Por este motivo convocan unha manifestación este sábado 14 ás 18 horas, dende a Praza de Ribadavia ( a Farola)  e convidan a participar dos veciños e veciñas de Redondela

A manifestación contará coa presenza de traballadores de distintos puntos da provincia, e faise en Redondela por ser neste Concello onde a empresa ten a súa sede provincial.  Dende a CUT explican que  levan varias semanas traballando na socialización do conflito, convocando varias concentracións en Moaña, en Soutomaior e este venres 13 tamén en Vigo, e facendo varias charlas informativas en Redondela e Pazos de Borben. Unhas mobilizacións e accións informativas que continuarán logo da protestas do sábado co obxecto de que a empresa reconduza o seu comportamento.
Unha situación que dende a CUT consideran especialmente denunciable por tratarse dunha empresa que “saca os seus beneficios dos cartos públicos, e non parece de recibo que se usen para precarizar e para reprimir aos traballadores”, cunha política de empresa que cualifican de “retrogada e represora, malia presumir Urbaser de estar a vangarda da modernidade.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará