Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha empresa enfróntase a unha multa de 1500 € se non retira os seus carteis publicitarios

RR_Noticias

Redondela ameaza con sancionar esta empresa se non retira os carteis nos que anuncia unha feira outlet no recinto feiral de Vigo, ao non contar con autorización para colocar este tipo de anuncios en espazos públicos. O Concello considera os feitos como “infracción grave” que podería carrexar unha sanción de ata 1.500 euros

A Alcaldía de Redondela vén de ditar unha resolución polar que se inicia un expediente sancionador contra unha empresa “pola instalación sistemática de carteis publicitarios sen autorización en diferentes espazos públicos”. Os feitos, segundo consta na Resolución, constitúen “unha infracción grave segundo a Lei do Patrimonio das Administracións Públicas (LPAP)” o que pode carrexar unha multa de hasta 1.500 euros.
Asi mesmo, o Concello vén de requirir á empresa “á retirada no prazo improrrogable de tres días naturais de todos os carteis instalados”. No caso de que a empresa non cumprira con este requirimento, ditos carteis serían retirados polos correspondentes servizos municipais “cobrándoselle á empresa o custo desta actuación e os posibles danos causados”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará