Hoxe é Venres 11 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“A Confraría é viable, a solución pasa por buscar máis ingresos e non por recortar postos de traballo”

RR_Noticias

O vindeiro día 25 de xaneiro os socios da confraría están chamados ás urnas para elixir unha nova directiva, da que sairá tamén a persoa que pasará a substituír ao que fora patrón maior nos últimos anos, Clemente Bastos. Entre as persoas que aspiran a facerse con ese cargo está Seve Casal que, malia recoñecer a difícil situación económica que sofre o pósito, entende que hai solucións que non necesariamente pasan por recortar salarios ou postos de traballo. Defende buscar novas fontes de ingresos como a creación dunha “vendeduría” na lonxa de Vigo que repercuta as ventas dos traballadores de Redondela na propia confraría na vez de ir parar a mans de intermediarios.

O futuro da confraría de Redondela pasa por aplicar fórmulas que xeren máis ingresos, antes que por aplicar recortes nos salarios ou en postos de traballo. Así o entende Seve Casal, unha das persoas que se presentará ás eleccións do vindeiro 25 de xaneiro. Asegura ser consciente de que a situación no económico non é doada, tanto pola caída das ventas como polo descenso no número de barcos que traballan nesa confraría. Con todo, defende que para garantir o futuro da entidade é preciso buscar solución que aposten por incrementar os ingresos fronte a outras propostas que defenden recortes. Entre esas medidas explica que a día de hoxe hai moitos barcos, tanto de artes menores como do cerco, que venden en Vigo a través dun vendedor que queda cunha porcentaxe do total. A fórmula pasaría por facer dende a confraría unha vendeduría que venda directamente en Vigo xerando así como ingresos ese tanto por cento das vendas (6 ou 7% do total) que agora queda en mans dos intermediarios. Os 270 socios que conforman a confraría elixirán a 18 persoas que asumirán a directiva e, entre eles, será designado o futuro patrón ou patroa maior que deberá tentar reconducir a situación do pósito, que “malia ser negativa, non o é tanto como se nos fixo crer por parte do anterior patrón maior” afirma Casal quen engade que “este ano é posible que superemos o millón de euros facturados”.  

Severino Casal traballador da confraría
Explica cal é a situación da confraría nestes momentos
Solución
Buscar recursos por exemplo evitando intermediarios na venda do peixe e marisco
Un millón de euros
Pensa que se pode superar esa facturación neste ano

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará