Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os veciños de Soutomaior colapsan o centro de Arcade en defensa da sanidade pública

RR_Noticias

A subdelegación do goberno obrigaba este venres a suspender a caravana de vehículos convocada polo BNG. Malia a prohibición, a veciñanza percorreu as rúas de Arcade colapsando o centro en defensa da sanidade pública. A protesta tiña lugar logo de que días atrás a non substitución do médico do centro de saúde de Soutomaior obrigara a pechar este consultorio.

A veciñanza de Soutomaior volveu manifestar que está farta dos recortes na sanidade pública. No campo de Salgueiron concentráronse, segundo os convocantes, máis de 150 coches para secundar a caravana pola sanidade. Con todo, a caravana pola sanidade foi prohibida polos axentes da garda civil no mesmo momento da convocatoria. Aseguran dende o BNG que “a pesar de que a organización cumpriu con todos os trámites establecidos, dende a subdelegación do goberno, en ningún momento notificaron a ilegalización da convocatoria ata o mesmo momento da saída”.
 A este respecto o portavoz municipal do BNG, Manu Lourenzo sinalou que ” Esta situación supera todas as liñas vermellas, temos a nosa veciñanza sen médicos, co consultorio de Soutomaior pechado e cunha listas de espera absolutamente vergoñentas, pero por se isto fose pouco a subdelegación de goberno prohibe tan sequera que os veciños poidan protestar”. Anunciaba o voceiro do BNG que seguiran pelexando na rúa con novas protestas e mobilizacións no futuro.
Manu Lourenzo destacou que “chegaremos con este tema a onde haxa que chegar e que ninguén teña dúbida de que lonxe de nos amedrentar o único que conseguen con estar mordazas e darnos forza para pelexar para que nunca máis nin os nosos fillos nin os nosos maiores queden sen atención sanitarias”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará