Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Marco Antonio Santos, a un paso de ser expulsado do exército tras firmar un manifesto antifranquista

RR_Noticias

O redondelán, presidente do Colectivo Republicano de Redondela e máis coñecido como Markos Lareira, foi un dos poucos militares en activo que en agosto de 2018 asinou un manifesto en contra do ditador Francisco Franco. Unha decisión que lle supuxo, nun primeiro momento, ser suspendido de funcións e que leva agora ao Exército de Terra a iniciar o proceso de expulsión definitiva das Forzas Armadas “por vulnerar o principio de neutralidade política” ao que se lle engaden outras dúas faltas por diferentes manifestacións públicas nos seus perfís nas redes sociais e no xornal dixital Eldiario.es.

A súa expulsión das Forzas Armadas aínda non é definitiva xa que o cabo ten a intención de presentar recurso de alzada ante a ministra de Defensa en funcións, Margarita Robles, para que sexa ela quen teña a última palabra.
O cabo foi un dos poucos militares en activo que no verán de 2018 asinou un manifesto antifranquista en resposta a un manifesto anterior a favor da figura militar de Franco, subscrito por centenares de oficiais xa retirados.
Santos foi sancionado por esta acción debido a que o réxime disciplinario dos militares recolle como falta moi grave romper a neutralidade política. Máis tarde foille imposto un segundo expediente por unha entrevista que concedeu ao xornal dixital Eldiario.es e as declaración de carácter político que ten vertido a través dos seus perfís nas redes sociais cara a Coroa ou cara algunhas formacións políticas.
Á marxe deste procedemento de expulsión, o cabo Marco Santos finaliza a súa relación coas Forzas Armadas en marzo de 2020, data na que cumpre os 45 anos que pon fin ao seu “compromiso de longa duración” co exército.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará