Hoxe é Mércores 16 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Andaina reivindica a creación dun centro integral de atención á diversidade funcional

RR_Noticias

Unha demanda que trasladan hoxe á rúa co gallo da conmemoración do Día internacional da Diversidade Funcional, data que serve para visibilizar a reivindicar os dereitos das persoas con discapacidade. Ao longo da xornada realizarán diversos actos, que arrancaban coa lectura dun manifesto ás doce do mediodía na praza do Concello e seguirá cun programa de actividades a partir das 18:00 horas no Multiúsos e que inclúe unha representación teatral e un contacontos.

Os actos arrancaba ás 10.00 horas coa instalación dunha mesa informativa nos soportais do Concello de Redondela que, durante todo o día, dará a coñecer todos os programas que ofrece a asociación e tamén se informará sobre do proxecto que pretende dotar a Redondela dun centro específico de atención á diversidade funcional. Unha iniciativa na que levan traballando dende hai anos e que entenden imprescindible “para dar resposta ás necesidades de todas esas persoas con discapacidade que se ven obrigadas a desprazarse a outras localidades a partir de determinada idade”. Un servizo que incluiría un centro ocupacional destinado a proporcionar a habilitación, profesional, persoal e social, coa finalidades de conseguir o máximo desenvolvemento das súas capacidades e posibilidades de integración social. Ás 12.00 horas tiña lugar a lectura dun manifesto na praza do Concello sumándose ao acto da acción cooperativa “Baixo o mesmo paraugas. Galicia pola diversidade”.  Un texto que quixo ser un recoñecemento para eses pais e nais que día tras día loitan para que os seus fillos non sufran discriminación e teñan as mesmas oportunidades que os demais. A alcaldesa, Digna Rivas, salientaba o compromiso do goberno local de cara a traballar todos os días para favorecer tamén na inclusións de todos e todas”. Os actos pola tarde trasladaranse o Multiusos da Xunqueira, ás 18.00 horas, onde os membros da asociación Andaina darán lectura aos seus manifestos e onde, en primeira persoa, reivindicarán os seus dereitos. A continuación actuarán integrantes da Asociación Down Pontevedra e Apamp de Vigo co contacontos Elisa no mundo das marabillas.  

Antonio García presidente Andaina
Día da Diversidade
Centro integral de atención
Fundamental para atender as persoas con diversidade funcional a partir da adolescencia
Magly Couñago
Un manifesto con especial agradecementos ás familias
Digna Rivas alcaldesa
Comprometíase a colaborar coas asociacións dende o concello

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará