Hoxe é Domingo 13 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Música, festa e castañas no reivindicativo magosto Sinha Paca que se celebra na Feira do Gando

RR_Noticias

O recinto da Feira do gando acolle este sábado o II edición dun festivo Magosto organizado pola Plataforma Sinha Paca en colaboración con concellería de Cultura. Arrancará ás 17.00 horas coa intervención artística “A pegada da Besta”, actuará o clown Jano Costa e haberá musica con “Panorámica Show” e “Residuosatractivas”. Non faltarán as castañas asadas, chourizos, chocolate con rosca e caldo quentiño así como un espazo vegano e un mercadiño. A xornada terá tamén carácter reivindicativo amosando a solidariedade cos pobos indíxenas bolivianos que están a loitar contra un golpe de estado.

O magosto arrancará as cinco da tarde cunha actividade para as crianzas e toda a familia coa realización dunha instalación artística preto da nova pista de baloncesto baixo o nome “A Peghada da Besta” que busca ser unha chamada de atención na necesidade de reducir a nosa pegada mediambiental. Deseguido actuará o clown galego Jano Costas que vai presentar en Redondela seu espectáculo “Jano sen medidas” humor orixinal, participativo e arriscadamente divertido de novo circo de rúa mesturando a destreza dos malabares, a forza das acrobacias e a participación do público. Como o ano pasado contarase para o magosto con castañas asadas recollidas nos soutos do caurel onde tampouco faltará o viño tinto, chocolate con rosca, chouripán e caldiño quente para axeitar os corpos. Este ano como novidade haberá un espazo de comida vexetariana e un mercadiño. Xa entrada a tardiña comezará a música no recinto da festa, con dous grupos. Abrirán os concertos o grupo de Redondela e contorna “Panorámica show”, grupo de recente creación conta con músicos e músicas de longo percorrido que acostuman a ir de foliada por todo o territorio.De seguido subiran ao palco Os residuosatrativas, grupo con sede en Vigo que está formado por: Nacho Alvarez: acordeón, percusión, voz e coros.Tamara: Teclados e voces.Alvaro Lamas: zanfona, percusión, voz e coros.Evaristo Alejos “Alex”: gaita, baixo eléctrico. percusión, voz e coros. Maria Alvarez “Masha”: gaita, arpa, percusión, voz e coros.Juan McKinnon Young batería. O magosto da Sinha Paca rematará con pincha discos locais ata as dúas da madrugada.  

II magosto Sinha Paca
Pedro Pérez fálanos das actividades previstas
Castañas e festa
Irene Campelos anima a toda a veciñanza a chegarse durante a tarde noite do sábado

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará