Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O rexeitamento á casa de apostas chega á Valedora do Pobo

RR_Noticias

A Coordinadora dá un paso máis no intento de frear a apertura deste negocio na Avenida Ernestina Otero coa presentación dunha queixa contra Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza por ter autorizado a instalación da casa de apostas nun local que consideran “non cumpre coa distancia mínima establecida por lei con respecto ao Conservatorio”. Este xoves rematou o prazo de alegacións con máis de 2.000 escritos presentados. O próximo luns, como cada inicio de mes, concentraranse ás 18.00 horas na porta do establecemento.

Como xa anunciaran, a Coordinadora contra a casa de apostas vén de presentar unha queixa ante a Valedora do Pobo contra Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza por ter autorizado, con data de 9 de abril deste ano, a instalación da casa de apostas nun local que alegan “non cumpre coa distancia mínima establecida por lei con respecto ao Conservatorio”. Como recollen no escrito, “a lei establece en 150 metros a distancia mínima con centros de ensinanza regrada e desde o local en Ernestina Otero e a entrada de peóns do conservatorio hai 147 metros, e se tomamos como entrada a zona habilitada como aparcadoiro do conservatorio non hai nin 120 metros”.
Na queixa, presentada ante a Valedoría do Pobo, tamén se expoñen algúns dos argumentos das alegacións presentadas como a xeración de ruídos, o problema de saúde pública que supón a adicción ao xogo, a proximidade a outras instalación como o parque infantil da Alameda ou o Centro Recreativo e Cultural de Redondela, entre outros.
Unha nova acción da Coordinadora para evitar a instalación da casa de apostas en Redondela que chega logo de que este xoves, rematase o período de exposición pública aberto polo concello de Redondela onde se presentaron máis de 2.000 alegacións no rexistro do Concello así como na sede dixital da Xunta de Galicia.
As accións de protesta continuarán o próximo luns, ás 18.00 horas, como cada comezo de mes, cunha concentración diante do local que está a ser habilitado na rúa Ernestina Otero 47. Fan un chamamento á veciñanza para que acudan porque “ademais de dar a loita no administrativo hai que estar na rúa unidos contra esa casa de apostas xa que os problemas de adición ao xogo son unha lacra que atinxe a toda a sociedade”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará