Hoxe é Martes 8 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Banda de Música de Chapela presenta o seu espectáculo “Músicas e Danzas do Mundo”

RR_Noticias

A Banda de Música de Chapela presenta este sábado 30 de novembro o seu espectáculo “Músicas e Danzas do Mundo”, no que fusionan música en directo, as danzas típicas do folclore internacional cunha gran proxección audiovisual. O resultado é unha proposta para todas as idades que permitirá realizar unha viaxe cultural ao redor do mundo. O teatro Salesianos será o escenario elixido para esta estrea a partir das 20:00 horas.

Un show para o goce das danzas que marcan as culturas de Arxentina, Brasil, China, Cuba, España, Estados Unidos, Exipto, Francia, Grecia, Hawai, India, Italia, Mexico, Nova Zelandia, República Dominicana e Rusia. Contará coa música en directo da Banda de Música de Chapela, baixo a dirección de Andrés Álvarez, que estará acompañada da Compañía de Danza Porte (Alejandra Teixeira, María Rial e Sheila Loira con Rubo e Javier Romero), que serán os encargados de realizar as distintas danzas típicas do folclore internacional. O espectáculo tamén conta cun vestiario realizado polo  deseñador galego, Marcos Carrera, que confeccionou traxes típicos de cada país .
 O show contará coa narración da actriz galega Humy Doado, unha incrible posta en escena, desta viaxe cultural ao redor do mundo que correrá a cargo de 2 Mediapro, cun espectáculo de son e iluminación realizado Global Setup.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará