Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Manifestación en Arcade en defensa da sanidade pública

RR_Noticias

O BNG de Soutomaior convoca este domingo unha nova manifestación en defensa da sanidade que partirá ás 12.30 h dende o cruce de Abanca na rúa Roxelio Landeiro. Unha protesta coa que queren denunciar o colapso que sofre a atención primaria na localidade da que responsabilizan ao Sergas por non cubrir as ausencias dos médicos cando se produce algunha baixa e por manter ao concello con tan só 3 médicos malia contar cunha poboación de 7.300 habitantes.

Recentemente denunciaban dende a formación nacionalista o colapso sufrido polo centro de saúde de Arcade despois de que o SERGAS se negase a cubrir a ausencia dun dos facultativos. Unha situación que se repite periodicamente e que provoca que a listas de espera dos veciños de Arcade para ter unha cita se demoren ata os 10 días.
Lembran ademais que ao manter o ratio de pacientes por facultativo moi por riba do aconsellado fai que “os médicos de Arcade teñan menos de 4 minutos para atender a cada paciente”. Neste sentido apunta que noutros concellos con menos veciños, como por exemplo Vilaboa, conta con 4 médicos cando en Soutomaior son tan só 3.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará