Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco frea ao líder en Santa Mariña

RR_Noticias

Os de “Gonza” suman un punto no encontro contra o Ourense logo de empatar (1-1).Adiantaba aos choqueiros Félix e os ourensanos conseguirían o empate de penalti na segunda metade. No balonmán local pleno de vitorias, a SAR Rodavigo impúcose ao Tejina Tenerife, o Rodosa Chapela fixo o propio ante o Bueu e a SAR de autonómica segue líder ao gañar ao Ourense.

Terceira División
Choco 1-1 Ourense
Nos primieros minutos de xogo os dous equipos loitaban na mitade do campo por ven que se facía dominador do coiro, pero a alta presión impedía o avance cara ás porterías rivais. Cunha boa ciruculación do balón, os de Gonza intentaban chagadas máis contundentes ao campo dos de Ourense mais a súa defensa non o permitiría. A medida que pasaban os minutos a tensión e a intensidade ía subindo tanto no campo como nas bancadas. Até que chegou o primerio gol do partido dunha xenialidade de Félix que conduciu o balón ata área ourensana nun contrataque solitario batindo a Parras dende os 30 metros. Xa por diante do marcador os choqueiros seguiron intentando aumentar a vantaxe. Tralo paso por vestiarios a tónica dos minutos iniciais repetiríase. O Choco intentaba aproximarse a portería rival creando xogadas pola banda. A medida que pasaban os minutos o Ourense chagaba con maior claridade á portería redondelana. E tanto foi así que o tanto chegaría pero pola pena máxima, de penalti tras interpretar o arbitro unha man dentro do área de Comis, tanto que materializaría Zanelli. Nos útlimos minutos do segundo tempo os choqueiros insitían sobre a portería de Parras pero o gol que non chegaba, e rematouse con táboas.
Choco: Cortegoso; Yago Vázquez, Alberto Suárez, Vitra, Aitor Cañedo; Caloi, Comis (Monchito, min. 80); Tomás Abelleira (Martín, min. 70), Félix, Yerai Couñago y Adrián Rodríguez.
Ourense CF: Parras; Germán, Barcia, Manu Mariña; Willian (Revuelta, min. 58), Juanma, Pibe (Pedro Delgado, min. 89), Zanelli, Murilo; Adrián Castro y Rubén Martínez (Lamelas, min. 75).
Goles: 1-0, min. 15: Félix; 1-1, min. 65: Zanelli, de penalti.
Segunda Galega

Cesantes 0-5 Pontecaldelas
A derrota deixa ao Cesantes como pechacancelas do grupo, empatado a puntos cos tres últimos. Precisamente cun dos rivais directos pola permanencia enfróntase o domingo, na casa do Portas.
Atl Vilar 0-1 Nieto
Derrot apola mínima que deixa aos de Vilar no12º posto. Na próxima xornada visitan o campo do Erizana, co que están empatados a puntos.
Terceira Galicia

San Miguel 1-0 Chapela
O San Miguel freou a racha do Chapela, e agora é líder, co equipo redondelán no 5º posto. Na próxima xornada reciben ao San Roque, outros dos que pelexan polo ascenso, agora no 4º posto a dous puntos do Chapela.
Nespereira 2-4 Sampaio
O Nespereira segue sen sumar esta temporada, cada vez máis afundido no pozo. Na próxima xornada reciben ao Lavadores.
Fútbol Sala

Terceira División
Pazos de Borbén F.S. 2-3 Gonnaba Parrulo Ferrol B
O equipo de Fran Amoedo segue na parte baixa da táboa logo duha axustada derrota ante o Parrulo B. O sábado xogarán no Carballiño, co rival no 8º posto. Será no pavillón ´Paco Chao ás 16.30 horas.
Preferente Sur

Cesures 2-2 Redondela Maramar
O empate permite ao Redondela seguir na parte alta da táboa, é 4º, e na próxima fin de semana protagonizan o derbi local ante o Campito. Será no pavillón da Marisma, o domingo ás 16.15 horas.
Campito 6-3 Celado
A vitoria deixa aos de Chapela na 9ª posición.
Primeira Galicia

Valadares B 4-10 Arealonga Const.Castro
O Arealonga suma e segue, cada vez máis líder do seu grupo logo da goleada sobre o Valadares B. Na próxima xornada reciben ao Abetos Gondomar B, que é 6
Balonmán

División de Honra Prata Feminina

SAR Rodavigo 27-17 Tejina Tenerife
Importante vitoria a conseguida pola SAR ante o BM Tejina, que lle permite sumar dous puntos máis e superar na clasificación ás canarias, un dos seus rivais directos só separados por dous puntos. O BM Tejina marcou primeiro, pero despois todo foi un recital da SAR, que foi ampliando a vantaxe ata o 27-17 final. Na próxima xornada reciben ao Siero BM, dos postos baixos da táboa. Será o domingo ás 12.30 no pavillón da Marisma.
Primeira Nacional

Rodosa Chapela 37-27 Bueu
O equipo redondelán superou ó Bueu e atópase a un punto da promoción de ascenso. O equipo de Fran Teixeira marcha na terceira posición con 18 puntos, a un do segundo, o Embutidos Lalilense, e a tres do líder, o Gourmet Lanzarote. O conxunto de Redondela dominou o partido ante o Bueu, un rival que tamén marcha na zona alta. Na próxima xornada viaxan a Coruña para medirse ao OAR, que é 8º.
Primeira Autonómica

SAR 27-14 C.Ourense
A SAR segue líder do grupo despois de golear ao Ourense. Os de Redondela están empatados a puntos co Culleredo, que tamén todos os seus partidos ata o de agora e que será, precisamente o seu próximo rival no partido que se disputará na localidade coruñesa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará