Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Marga Cal recibe a título póstumo o premio Ernestina Otero do colectivo Paxaretas

RR_Noticias

Mestra, feminista, solidaria, titiriteira… Marga Maderal Cal falecida en 2016 será galardoada a título póstumo co primeiro premio Ernestina Otero “Loitando pola Igualdade” que concede o colectivo feminista de Redondela. Será no transcurso dun acto aberto que se celebra este venres 15 ás 20:30 horas no Multiúsos da Xunqueira.

Un premio convocado polo colectivo feminista co gallo de recoñecer a mulleres pioneiras e relevantes do concello de Redondela, así como a entidades, colectivos, asociacións, empresas ou centros educativos que fomenten a igualdade real entre homes e mulleres do municipio.
A muller homenaxeada nesta primeira edición do premio será Marga Maderal Cal de quen destacan a súa “vida chea de luz e forza feminista, responsable de marcar tantas xeracións de nenas e nenos na súa profesión como mestra”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará