Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PSOE é o partido máis votado en Redondela malia avanzar en apoios PP, BNG e Vox

RR_Noticias

Perde apoio o Partido socialista no noso concello ao caer notablemente o número de votantes que os elixiron respecto das eleccións do pasado mes de abril. Pasa o partido de Sánchez de 6.558 votos a 5.887. Unha caída que, con todo, mantennos como o partido máis votado no municipio seguido do PP. Os populares recuperan peso, pasando de 3891 a 4181 votos. Recupérase tamén o BNG, malia que o salto máis preocupante, do mesmo xeito que no resto do estado, é o crecemento de Vox, que pasa de 631 a 990 papeletas. Desfeita tamén en Redondela de Ciudadanos que pasa de 1602 votos a tan só 517.

A abstención marcou a xornada de onte xa que se incrementou en seis puntos o número de votantes que decidiron quedar na casa. Así, se hai seis meses o 24% dos veciños e veciñas optaron por non votar, este domingo a porcentaxe foi dun 30,63%.
O reconto de votos deixa un claro gañador, o PSOE que logra o 35,18% dos sufraxios malia que cunha clara tendencia á baixa ao perder 671 papeletas. Pola contra, o PP seguiría a segunda forza máis votada grazas ao 25% dos votos, con 4181, un partido que se felicita dobremente xa que o exalcalde Javier Bas, que regresara a política para ir de número tres ao Congreso pola provincia de Pontevedra logo de abandonar a corporación municipal, logra finalmente un escano en Madrid. En terceiro lugar sitúase Unidas Podemos a quen tamén lles pasa factura a tendencia xeral e perden respaldo con 3214 votos fronte aos 3908 de hai seis meses.
O BNG medra de 991 votos a 1220 o que supón un apoio do 7,29%. Crece tamén a extrema dereita en Redondela que conta co apoio de 990 votantes, 360 máis que nos pasado comicios de abril.
Ciudadanos é tamén no noso concello o partido máis damnificado coa repetición electoral xa que un terzo dos seus votantes optar por outras opción. O partido do xa dimitido Albert Rivera logra 517 votos fronte aos 1602 que acadara hai tan só uns meses.
Más país, formación que se presentaba por primeira vez a unha eleccións xerais, fíxose con 331 votos e Pacma logrou 178 papeletas.
Porcentaxe de votos das diferentes formación en Redondela:

PSdeG: 5887 votos, 35,18% (-0,6%).
PP: 4181 votos, 24,98% (+3,75%).
Unidas Podemos: 3214 votos, 19,21% (-2,11%).
BNG: 1220 votos, 7,29% (+1,88%).
Vox: 990 votos, 5,92% (+2,48%).
Cs: 517 votos, 3,09% (-5,65%).
Más País: 331 votos, 1,98% (-).
PACMA: 178 votos, 1,06% (-0,19%).
Recortes Cero – Grupo Verde: 31 votos, 0,19% (-0,04%).
EB: 23 votos, 0,14% (-0,01%).
PCTG: 21 votos, 0,13% (+0,02%).
PUM+J: 18 votos, 0,11% (-).

 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará