Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Buscan parar a casa de apostas alegando a proximidade coa zona escolar da Marisma

RR_Noticias

Os veciños e colectivos que rexeitan a apertura dunha casa de apostas na rúa Ernestina Otero teñen de prazo ata o 28 de novembro para presentar alegacións contra a instalación deste negocio na nosa vila. O BNG presentou xa a súa argumentando que a proposta de emprazamento incumpre o decreto da Xunta no que se establece que “en ningún caso se autorizará a instalación de salóns de xogo a menor distancia de 150 metros dos accesos normais de entrada ou saída de centros oficiais que imparten ensino regrado a menores de idade”.

Na alegación do Bloque recollen que o emprazamento no número 47 da Avenida Ernestina Otero incumpriría este artigo en base a dúas circunstancias. Por unha banda, ao atoparse a zona escolar da Marisma, na que se engloba unha gardería, varios colexios e institutos e o Conservatorio, atópase a menos de 150 metros do salón de xogos.
Engaden tamén que os accesos a esa zona escolar, tanto a pé como en vehículo particular ou transporte escolar “sitúanse moi por debaixo da mencionada distancia regulamentaria”.
En base a estes argumentos solicitan que se revogue a autorización coa que conta esta instalación.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará