Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello imparte cursos de memoria en Redondela e Chapela

RR_Noticias

O Concello de Redondela abriu xa o prazo para se inscribir na actividade de Memoria que se vai desenvolver ata o 30 de xuño e que ten un custe total de 32,65 euros. Unha actividade moi demandada pola cidadanía organizada dende a Concellería de Terceira Idade con cinco sesións repartidas entre Redondela e a parroquia de Chapela.

A actividade conta cun límite máximo de 125 prazas, distribuídas en cinco grupos de 25 persoas cada un deles. Cada sesión ten unha duración dunha hora e 15 minutos. Para poder participar é preciso presentar a ficha de inscrición, fotocopia do DNI e o xustificante de pagamento no Rexistro Xeral do Concello de Redondela. O prazo de inscrición remata o 15 de novembro de 2019.
A actividade desenvolverase en Redondela os venres en horario de mañá (de 09.15 a 10.30, de 10.30 a 11.45 e de 11.45 a 13.00 horas). En Chapela será os mércores de 09.30 a 10.45 horas e os xoves de 18.15 a 19.30 horas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará