Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O cemiterio do Viso acolle a celebración do Día da restauración da memoria lingüística de Galicia

RR_Noticias

O departamento municipal de Normalización Lingüística de Redondela foi o encargado de promover os actos conmemorativos desta data que se celebrou o pasado 27 de Outubro. O goberno municipal, encabezado pola Alcaldesa Digna Rivas e Concelleira de Normalización Lingüística, homenaxearon cunha placa na entrada do Cemiterio do Viso a todos e todas os que alí repousan e anunciou unha serie de iniciativas orientada ao emprego da lingua galega en lápidas e placas.

A placa foi colocada na entrada principal do Cemiterio do Viso, onde grazas á achega do Párroco, Don Carlos, destaca de forma ben visible a lenda “O Barrio de Todos “, un xeito de lembrar a unión da parroquia do Viso e para que chame a atención de cantas persoas acoden diariamente a este recinto a render homenaxe a seus defuntos, na memoria das persoas que xacen alí , porque grazas a eles Galicia segue a ter cultura e lingua de seu.
O Goberno Municipal e os funcionarios de normalización lingüística fan un chamamento á cidadanía a empregan con normalidade en tódolos ámbitos a lingua na que se manifestan na intimidade familiar.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará