Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Choiva de goles en Santa Mariña

RR_Noticias

O Choco sumou onte un punto logo do empate a tres goles ante o Arousa. Os dous equipos ofreceron fútbol e espectáculo nunha xornada na que a chuvia tamén foi protagonista. Na Primeira Galega gañou o Arcade, e no balonmán gañaron os equipos masculinos de Chapela e SAR, mentres perdeu a SAR Rodavigo en Valladolid.

Tercera División
Choco 3-3 Arousa
O equipo visitante púxose por diante en tres ocasións, e en todas o equipo de Gonzalo Fernández “Gonza” igualou o marcador. Partido intenso con bo fútbol o que puideron ver onte os afeccionados en Santa Mariña. Ao gol inicial de Suso Martínez respondeu Adrián Rodríguez para poñer o 1-1. Pedro Beda volveu adiantar aos visitantes e Alberto Suárez conseguiu igualar o marcador antes do descanso. Julio Rey fixo o terceiro do Arousa no primeiro minuto da segunda parte, e Adrián Rodríguez foi o encargado de poñer o 3-3 definitivo desde os once metros. O empate deixa aos dous equipos fóra da zona de promoción de ascenso, co Choco no 6º posto. Na próxima xornada visita o campo do Pontellas.
Primeira Galega

Arcade 1-0 Cuntis
Vitoria pola mínima do Arcade, que deixa ao conxunto de Soutomaior no 7º lugar da táboa. O domingo visitará o Monte da Mina para medirse ao Racing de Castrelos, cos vigueses na metade baixa da táboa.
Segunda Galega

Mosteiro 4-3 Cesantes
Regresou de baleiro o Cesantes logo dun partido moi disputado e con moitos goles. A derrota déixaos na parte baixa da táboa. O domingo recibirán ao S.Martín, un dos equipos fortes do grupo, no 3º posto.
Matamá 2-0 Villar
Os goles de Diego González e de Celada déronlle o triunfo ao Matamá e deixan ao Atl. Vilar no ecuador da táboa. Na próxima xornada reciben en San Martiño ao Xinzo, un dos equipos da parte baixa da clasificación e que pelexa pola permanencia.
Terceira Galicia

Chapela 2-2 Vincios
Reparto de puntos entre o Chapela eo Vincios, que deixa ao conxunto redondelán no 5º posto, lonxe da promoción de ascenso. O domingo visita o campo do Apóstol, que é 13º.
Independiente 4-1 Nespereira
O Nespereira segue como pechacancelas do grupo, aínda non sumou ningún punto. O domingo recibe ao Balaídos, cos vigueses na 6ª praza.
Fútbol Sala

Terceira División
Pazos de Borbén, xornada de descanso. O sábado visitan a pista do Vigo 2015.
Preferente Sur

Redondela Maramar 4-0 EDO Sala Ourense
Triunfo contundente do conxunto redondelán que segue en postos de ascenso directo como 2º clasificado, por detrás de As Neves, que é lider. Na próxima xornada visita a pista do Abetos Gondomar, qe é 8º.
Cereixa Gondomar 1-2 Campito
Importante vitoria para o Campito, que se afasta dos postos perigosos da táboa. Esta fin de semana reciben en Chapela ao Verín Sala, que está un posto por riba deles, cun punto máis.
Primeira Galicia
Arealonga Const.Castro, xornada de descanso. O sábado visitan a pista do Club Cios Vigo Mondariz.
Balonmán

División de Honra Prata Feminina

Valladolid 28-25 SAR Rodavigo
O conxunto redondelán non foi quen de sumar en Valladolid ante un rival complicado. A derrota deixa ás de “Chini” no 11º posto da táboa, nunha situación complicada. Na próxima xornada reciben ao Oviedo, outro dos equipos fortes, 3º clasificado.
Primeira Nacional

Ingenio 20-27 Rodosa Chapela
O Chapela logrou unha importante vitoria en Canarias ante un rival que o perseguía na táboa. Superou ao Ingenio con facilidade, malia viaxar con baixas. Os de Fran Teixeira sempre foron por diante, e foron aumentando o rendemento a medida que avanzaba o encontro. Na 5ª praza, con cinco equipos empatados a puntos, na próxima xornada reciben en Chapela ao Teucro, que é 8º.
Primeira Autonómica

Rasoeiro 17-30 SAR
O conxunto redondelán colleitou un abultado triunfo no Grove. A SAR mantén o liderado do grupo empatado a puntos con Ourense e Culleredo. Esta fin de semana reciben en Redondela ao Poio, que está na metade da táboa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará