Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP culpa ao goberno local do atraso na remodelación da Avenida Mendiño

RR_Noticias

A voceira dos populares en Redondela, Carmen Amoedo asegura que a falta de experiencia da actual alcaldesa é o que lle leva a facer “afirmacións falsas” cando afirma que o compromiso da Consellería para remodelar a Avenida Mendiño era un anuncio puramente electoralista. Recoméndalle que chame a Xunta para informarse de como estaba previsto financiar esa obra que prevé un investimento de 1,6 millóns. “Que levante o teléfono e se informe, porque é preciso facer un convenio para que a actuación sexa unha realidade, que ese investimento non veña recollido nos orzamentos da Xunta non significa nada”.

Recomenda Amoedo á alcaldesa Digna Rivas que se “poña en contacto coa Consellería para determinar as condicións do convenio e poder así poñelo en marcha”. Asegura que é algo que debería ter feito en canto chegou á alcaldía para establecer “prazos, porcentaxes e formas de pago do proxecto, tal e como fixo o anterior goberno de Javier Bas coa remodelación da Avenida de Vigo en Chapela”. A voceira dos populares teme que tanto este investimento como os 2,4 millóns de euros comprometidos co concello de Redondela dende a administración galega “vanse perder por culpa da inoperancia do bipartito actual, como é o caso da Casa de Cultura de Quintela”.  

Carmen Amoedo PP
Lamenta que non se producira un traspaso de poderes
Convenio coa Consellería
Acusa ao goberno local de inoperancia
Investimentos en risco
O PP asegura que eses investimentos están en risco

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará