Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Medio Ambiente defende a obra no Alvedosa “para evitar o derrube de Ernestina Otero”

RR_Noticias

Os traballos de reconstrución do muro que se derrubara parcialmente no pasado mes de febreiro deixan estes días unha imaxe pouco habitual: máquinas na canle e un agresivo dragado de terra para construír un dique seco e permitir así aos operarios realizar os traballos na canle do río. Así o explica o concelleiro de medio ambiente, Roberto Villar quen malia lamentar o invasivo desta actuación asegura que é a única posible para evitar “males maiores” como sería o derrube de parte da rúa Ernestina Otero o que afectaría as canalización de augas e saneamento.

As obras, que teñen un prazo de execución de 21 días “aínda que a súa evolución dependerá das condicións meteorolóxicas”, afectarán a un tramo de 60 metros do muro sobre o que se asenta a rúa Ernestina otero, no treito que discorre por detrás dos xulgados. Esta actuación estaba pendente de execución logo de que hai un ano se detectaran xa danos importantes no muro ata que se veu abaixo no pasado mes de febreiro. A obra era urxente xa que estaba en perigo que se produciran novos derrubamentos que afectarían á estrada e ás canalizacións de saneamento e pluviais que discorren por baixo desa vía “nesa curva a auga traballa con moita forza o que ten estas consecuencias”. Recoñece o edil que a actuación que se está a realizar é máis “invasiva” do que lle gustaría, pero que se están realizando todas as actuacións posibles para minimizar os seus efectos, como a colocación dunha barreira baixo a ponte para frear o arrastre de terra cara a desembocadura. Neste sentido apunta que nestes días axentes do Seprona personáronse no Concello para comprobar que todo se estaba facendo tal e como recolle a memoria e o proxecto e que non puxeron problema algún a que se continuara cos traballos.  

Roberto Villar edil Medio Ambiente
Fala da obra que se está a realizar no Alvedosa
Actuación invasiva
Lamenta o agresivo da actuación pero resulta imprescindible para garantir a seguridade da rúa
Prazos
A obras debería rematar antes de 20 dáis pero dependerá da situación climática

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará