Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco recupera a senda do triunfo

RR_Noticias

O equipo de Gonza logoru repoñerse dos últimos resultados negativos cunha merecida vitoria no campo do Paiosaco. Na Segunda Galicia o Atl. Vilar colleitou un empate en Gondomar. No fútbol sala a única vitoria foi a do Arealonga de Primeira Galicia ante o Tui futsal, que o deixan aínda máis líder. No balonmán houbo pleno cos triunfos da SAR Rodavigo, Rodosa Chapela e SAR Plastic Omnium.

Terceira División
Paiosaco 0-2 Choco
Despois de tres xornadas, o conxunto redondelán volveu gañar. Fíxoo onte, no campo A Portasanta, malia que o Paiosaco lle puxo as cousas difíciles. Vitra incorporouse ao ataque e anotou o primeito gol aos 11 minutos de xogo. O Choco puido ampliar a vantaxe pouco despois, pero o disparo de Martín estrelouse co pau. Os locais reaccionaron e gañaron en intensidade, pero non estiveron acertados de cara ao gol, e xa no tempo de desconto Tomás sentenciou co 0-2 que sería definitivo. O Choco é agora 5º do grupo, e na próxima xornada recibe ao Arousa, 3º, cun punto máis que os redondeláns.
Primeira Galega

A Guía 1-0 Arcade
O Arcade baixa un posto, ao 11º, logo da derrota pola mínima no campo da Guía, un dos equipos fortes do grupo, que agora é 2º. Na próxima xornada recibe ao Cuntis, que é 9º, co que está empatado a puntos.
Segunda Galega

Cesantes 1-2 Marín
Os redondeláns non foron quen de tirar un resultado positivo ante o Marín. O domingo xogarán no Municipal de Meis, ante o Mosteiro, que tamén está na mesma pelexa que os redondeláns, tentando despegarse dos postos perigosos da táboa.
Gondomar 2-2 Atl. Vilar
O Vilar colleitou un punto no campo do Gondomar, e ponse 9º. O domingo volve xogar fóra, no campo Penedo da Moo, ante o Matamá, equipo da metade baixa da táboa.
Terceira Galicia

Lavadores 0-1 Chapela
Importantísima vitoria do Chapela, que se impuxo no campo do Lavadores, un dos equipos máis fortes do grupo. Os redondeláns sitúanse agora en postos de promoción de ascenso, e o domingo recibirán no campo de Parada ao Vincios, que chega situado na metade baixa da táboa.
Nespereira 0-2 Teis
O Nespereira non abandona a última posición da táboa. O domingo visita o campo do Independiente, cos anfitiróns tamén situados na parte baixa da clasificación.
Fútbol Sala Terceira División

Pazos de Borbén 1-3 CD Lugo Sala
Os de Fran Amoedo seguen sen atopar a tecla neste inicio de liga, con moitas ocasións pero pouco acerto goleador. O próximo sábado visitan a pista do Vigo 2015, que dirixe o redondelán Julio Mougán, e que está nos últimos postos da clasificación.
Preferente Sur
Valadares Global Mar 6-2 Redondela Maramar
Os de Kiko Davila perderon o liderado ao caer derrotados no pavillón do Valadadares Global Mar. Agora son 2º, e no próximo partido reciben ao EDO Sala Ourense, 3 do grupo, empatado a puntos co Redondela.
Campito 2-6 As Neves
Os de Chapela non puideron ante As Neves, equipo de gran nivel que agora lidera a táboa en solitario. Próximo partido Cereixa Gondomar-Campito, visitan a pista doutro dos grandes da categoría.
Primeira Galicia

Arealonga Const.Castro 6-0 Tui Futsal
O Arealonga segue máis líder aínda logo de impoñerse cunha contundente goleada ao Tui Futsal. Na próxima xornada visitan a pista do Club Cios Vigo Mondariz
Balonmán

División de Honra Prata Feminina
SAR Rodavigo 28-19 Xixón
As xogadoras de Elisardo Covelo “Chini” impuxéronse con total claridade a un dos seus rivais directos na zona baixa da táboa, o Xixón. A SAR é agora 11ª do grupo. Na próxima xornada visitan a pista do Valladolid, 6º do grupo.
Primeira Nacional

Rodosa Chapela 30-26 Calvo Xiria
O Rodosa Chapela impúxose ao Xiria nun partido con protagonismo de Rubén Figueirido, que anotou dez goles. Os de Fran Teixeira escalan así ata a 5ª praza, a dous puntos do líder. Na próxima xornada visita a pista do Ingenio, que é 6º, co que están empatados. A cousa está moi apertada na cabeza da táboa. Con Lalín, Bueu e Lanzarote con 10 puntos, e Luceros, Chapela e Ingenio con 8.
Primeira Autonómica

SAR Plastic Omnium 41-15 Lavadores
A SAR limpuxo dun xeito abafador ao Lavadores, e lidera a clasificación empatado a puntos con Grupo Dila Campus Ourense e Balonmán Culleredo. Esta fin de semana a cuarta xoranda vainos levar ao Grove, onde se enfrontarán ao Calmear Rasoeiro, situado na metade da táboa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará