Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Máis de mil persoas berran en Redondela contra as casas de apostas

RR_Noticias

Redondela saíu hoxe á rúa nun ambiente festivo pero tamén reivindicativo para esixir que non se abra a casa de apostas que está previsto instalar na rúa Ernestina Otero. “Todo un éxito” ao entender dos organizadores que anunciaron a súa intención de seguir na loita para evitar que se instale na nosa vila un negocio que provoca importantes prexuizos naquelas zonas nas que se instala. Os manifestantes esixen que a administración actúe e evite que sigan proliferando este tipo de instalacións que “só supoñen beneficios para os empresarios que os xestionan”.

“Esiximos á administración que asuma a súa responsabilidade e a súa obriga de protexer á sociedade e afastarnos de calquera práctica de risco ao tempo que favorezan o ocio saudable” así o explicaba ao termo da manifestación Carmen Avendaño, presidenta de Érguete, asociación que se sumaba así aos máis de 60 colectivos que apoiaron esta protesta. Anpas, clubs deportivos, asociacións culturais, sindicatos ou partidos políticos quixeron estar presentes nesta mobilización que partía as sete da tarde dende a praza de Ribadavia e percorría o centro da vila. Os manifestantes detivéronse uns minutos ás portas do local na rúa Ernestina Otero para denunciar a proximidade que ese salón de xogos terá cos centros educativos da Marisma no caso de que finalmente chegue a abrir. “Nesta oficina, venden heroína” “Coa nosa Redondela, non se xoga” ou “Non sexas primo, isto é un timo” foron algúns dos lemas que se corearon ao longo da marcha que remataba ás portas da Casa do Concello, coa intervención de representantes de diferentes  colectivos.   Dende as Anpas denunciaron sentirse desprotexidos polas autoridades “que dan autorización a negocios como este pegados aos centros escolares” ao tempo que se amosan “cobardes para prohibir a publicidade que promove estas apostas” e anunciaban que  en Redondela non se vai montar ese negocio “porque non imos permitir que os intereses dos empresarios do xogo pasen por riba dos nosos fillos e fillas”. Intervención tamén dende Lenda, a Asociación para a Saúde Mental de Redondela que defendía estas protestas como “un acto da cidadanía para loitar por unha comunidade que defende a saúde mental de todos”. Juan Lamas Alonso, Director terapéutico da Asociación Galega de Xogadores Anónimos (Agaja): denunciaba que a solución a ludopatía está nas mans da administración que non quere actuar porque o Estado ten moitos intereses e saca beneficio destes negocios de apostas. Denunciaba tamén que os partidos políticos non se impliquen realmente para evitar un problema social como é o xogo, unha enfermidade recoñecida internacionalmente. Dende a Plataforma contra a casa de apostas anunciaron a súa intención de seguir coas protestas que se celebrarán o primeiro luns de cada mes con concentracións ás 18:00 horas no local de Ernestina Otero.  

Carmen Avendaño Érguete
Esixen que as Adminsitracións actúen
Juan Lamas AGAJA
Denuncian os intereses que a propia administración ten nas casas de apostas
Anpas
As asociacións de pais e nais piden defender os intereses dos menores por diante dos empresarios do xogo
Lenda
A Asociación reclama que se defenda a saúde mental de toda a poboación
Coordinadora Casa de apostas
Manifesto

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará