Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O problema do tráfico en Chapela: camiños mal conservados, estreitos e con grandes pendentes

RR_Noticias

Os sucesos dos últimos días, con dous camións atrancados en camiños de Chapela na mesma semana, volve poñer enriba da mesa o debate sobre os problemas do tráfico na parroquia. Os camiños estreitos e de dobre sentido complican a circulación, unha situación que se agrava polo deterioro que presentan algúns dos viais.

O pasado día 10 un camión quedou atrapado en Angorén, nas inmediacións do colexio Alexandre Bóveda, dous dias antes acontecera o mesmo con outro trailer no Camiño do Penisal. Trátase de sucesos que se repiten “con demasiada frecuencia” en diversos camiños da parroquia. Os camioneiros, guiados polo sistema de navegación “métense por rúas demasiado estreitas polas que non poden circular”, como explica Rosa. Trátase dun grave problema, non só para os camioneiros, senón tamén para o resto de veciños, que cando se produce un suceso destas características ven como o vial queda “totalmente obstruído durante horas tanto para os vehículos como para os peóns”, como apunta Miguel. Os taxistas da parroquia explican que o problema está no sinal situado no Alto da Encarnación e que prohibe o acceso aos camións “un quilómetro máis adiante”, o que xera “confusión” aos conductores. Os camioneiros que se dirixen cara a zona de Pescanova continúan pola avenida de Redondela, e despois o navegador os redirixe por camiños estreitos. Santiago e Alejandro advirten que se trata dun grave problema “que se repite cada semana”. Para os veciños a solución a este problema sería “instalar sinais que prohiban o paso aos camións”. Unha medida sinxela e económica, como apuntan veciños como María. Camiños estreitos de dobre sentido O feito de que se trata de camiños de dobre dirección complica máis as cousas, polo que hai quen apunta que unha solución sería facer estes viais de sentido único, o que facilitaría o tránsito, xa que en moitos puntos “non pasan dous coches”. Con todo, advirten que “moitos veciños destas zonas afectadas néganse a que os viais do seu barrio sexan de dirección única”, como explica Rosa. Daniel, que rexenta un local de hostalaría na zona, comprende a actitude dos residentes neses barrios, xa que se trata de “camiños veciñais” polos que se circula sen problema, malia que denuncia que nalgúns “é necesario facer obras para mellorar o firme”. O mal estado dos viais de Chapela é unha queixa compartida por todos, denuncian que os camiños da parroquia de Chapela “levan vinte anos sen arranxar”. A situación empeorou nos últimos anos coas obras de ampliación da autoestrada AP-9, xa que malia que os traballos remataron, aínda non se fixeron as reposicións dos camiños afectados. Tamén desde a Asociación de veciños da Chapela alertan da perigosidade destes accesos e reclaman unha mellor sinalización que evite o acceso dos camións de gran tonelaxe.

Viais mal conservados
O mal estado dos viais de Chapela é unha queixa compartida por todos. Denuncian que os camiños da parroquia "levan vinte anos sen arranxar".
Colpaso nos camiños
Miguel explica que cando un camión queda atrapado o camiño queda bloqueado para vehículos e peóns.
Sinal confuso no Alto da Encarnación
Os taxistas explican que o problema está no sinal situado no Alto da Encarnación e que prohibe o acceso aos camións.
Prohibir o paso de camións
Para os veciños a solución a este problema sería "instalar sinais nos camiños que prohiban o paso aos camións".
Dobre sentido
Poñer os viais de sentido único facilitaría a circulación pero moitos veciños opóñense.
Camiños para residentes
Daniel entende a postura dos residentes e reclama obras de mellora nos camiños.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará