Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Afectados pola AP-9 reúnense en Santiago co grupo parlamentario popular

RR_Noticias

Os parlamentarioS do PP, Alberto Pazos e Martín Fernández, reuníronse con concelleiros do PP local e unha representación da Asociación de afectados e veciños de Trasmañó para trasladarlles o seu apoio ante a falta de concreción dos compromisos acadados polo Ministerio de Fomento. “Dende que hai 16 meses chegara un novo Goberno socialista nada sabemos nin da eliminación da peaxe nin das obras de compensación comprometidas polo Goberno do Estado” explican os populares, quen anunciaron a presentación dunha moción para instar ao goberno a que cumpra coa adenda aprobada hai xa un ano.

A reunión, celebrada este xoves, tiña por obxecto “informar os veciños de que tanto o Grupo Parlamentario Popular como o grupo municipal presentaron sendas mocións para instar o goberno Central a que se executen xa as obras de mellora aprobadas hai máis dun ano en Consello de Ministros , ante a parálise e a falta de información que están padecendo os veciños”.
Dende o grupo municipal a súa portavoz Carmen Amoedo afirma que “é unha burla o pobo de Redondela que durante 16 meses non tivésemos ningún avance por parte do goberno socialista en Madrid, a Adenda estaba aprobada e, de feito, no decreto do Boe publicado o 30/10 xustificaban a nova subida do peaxe para repercutir entre outras o custe das obras de mellora, e dicir que xa estamos pagando polas obras que aínda non se levaron a cabo”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará