Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A reestruturación da Policía dispara o número de servizos prestados en Redondela

RR_Noticias

A subdelegada do goberno, Maica Larriba, aplaude a nova estruturación dos servizos policiais e asegura que dende a integración do equipo de Seguridade Cidadá da Policía Nacional de Redondela no organigrama da Comisaría de Vigo os servizos prestados no noso concello “incrementáronse un 111% en comparación con 2018”.

Larriba, que participou onte na Xunta Local de Seguridade celebrada no concello, na que estivo acompañada da alcaldesa, Digna Rivas e o titular da Comisaría Redondela-Vigo, Luis Gallego, entende que foi “todo un acerto” a reestruturación levada a cabo nos servizos policiais en Redondela.
Na reunión, na que tamén participaron membros da Corporación municipal, Policía Local e da agrupación de Tráfico da Garda Civil, asegurou Larriba que se produciu un incremento do 111% en canto ao número de servizos prestados en comparativa con 2018.
Respecto diso, a subdelegada do Goberno na provincia mencionou que “as infraccións penais experimentaron un descenso similar a anos anteriores, aínda que hai que destacar a caída ao 39% en roubos a vivendas”.
Larriba engadiu que Redondela ten un índice de criminalidade de 19 delitos por cada mil habitantes, “moi por baixo da media nacional que se atopa en 40 por cada mil”.
En canto ao resultado da nova estruturación policial efectiva dende o pasado 8 de maio, afirmou que se produciu “un crecemento dun 223% nas detencións por infraccións penais ou o dato espectacular de actas incoados por consumo de droga que chegaron a máis dun 4.000% respecto ao ano anterior, no mesmo período cuadrimestral”.
Larriba tamén quixo lembrar que os únicos cambios de importancia que se iniciaron o pasado mes de maio “quedan avalados cos bos resultados conseguidos até agora, e por tanto, a integración nos servizos de radiopatrullas  de Vigo, xunto á actuación 24 horas dun coche patrulla na localidade, supuxo unha mellora no cociente dos servizos policiais para os veciños e veciñas de Redondela, moito mellor que a obtida na cidade de Vigo”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará