Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A obra sobre Eduardo Pondal “Fillos do Sol” chega a Redondela

RR_Noticias

Arranca o ciclo “Vive o teatro” da Concellería de Cultura e faino este sábado ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira cunha proposta da compañía Contraproduccións que nos deixa a obra Fillos do Sol. A obra ofrece unha versión dos últimos anos da vida do poeta Eduardo Pondal, cando nunha pensión da Coruña trata de terminar a súa obra épica “Os Eoas”.
 

A obra está escrita e dirixida por Cándido Pazó e aborda a figura de Eduardo Pondal e a súa obseción coa obra que lle ocupou toda a súa vida como escritor “Os Eoas”.
A cabalo entre a realidade ficcionada e a fabulación dramática, un Pondal xa octoxenario he comido pola neurose dos seus últimos anos, confronta as súas dúbidas, medos e insatisfaccións creativas.
O elenco de actores está conformado por César Cambeiro, Adrián Ríos e Alba Bermúdez. As entradas pódense retirar no propio Multiúsos da Xunqueira a un prezo de 7 euros normal, 5 entrada reducida para estudantes, xubilados e desempregados.
Lembran dende Cultura que hai tamén a posibilidade de retirar un bono para tres das funcións programadas no ciclo cun prezo máis económico de 15 euros (normal), 10€ (reducida).
O ciclo complétase coa obras O furancho de Ibuprofeno Teatro (2 novembro), Elisa e Marcela de A Panadería (30 novembro), Invisibles de Redrum Teatro (14 decembro), O electo de Contraproducción (11 de xaneiro) e pechará o programa os actores de Ibuprofeno con Casa O Rei o día 25 de xaneiro.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará