Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Asociacións de Chapela e Teis valoran novas protestas ante o mantemento da peaxe en Rande

RR_Noticias

Os veciños de Chapela e Teis sairán de novo á rúa se non se avanza na supresión da peaxe de Redondela, a urbanización do tramo de acceso da AP-9 e a instalación de pantallas acústicas para paliar o ruído que causa a autoestrada. As directivas das dúas asociacións veciñais anunciaron esta decisión logo dunha xuntanza na que criticaron que non se estean a producir avances en ningunha destas tres actuacións amplamente demandadas dende hai anos e que foran comprometidas polo Ministerio de Fomento.

Os colectivos veciñais insisten na falta de vontade política para acometer unhas actuacións que son posibles e que xa os levaron a protagonizar numerosas protestas. Na última contestación do Goberno aos veciños, a través dunha carta datada en febreiro, se lles comunicaba que Fomentos está a realizar un estudo de tráfico e capacidade para este tramo da AP-9 para poder tomar decisións relativas ao mesmo. Nunha liña similar apunta a resposta que o Goberno deu en xuño á deputada Yolanda Díaz.
Unha resposta que as directivas das asociacións entenden que non aclara cales serán os pasos a dar polo goberno de cara a atender as súas demandas. Engade o presidente da asociación de veciños de Chapela que nesta parroquia segue pendente a reparación xa aprobada dos camiños danados durante a ampliación da autoestrada.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará