Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Manuel Lorenzo e Beatriz Fernández proclámanse vencedores na carreira nocturna de Redondela

RR_Noticias

Unha xornada de precipitacións intensas que deron unha tregua para a celebración da carreira popular de Redondela que por decimosegundo ano organizaba este sábado a Asociación de Atletismo CAR. Éxito de participación en todas as categorías, dende os máis cativos que eran os primeiros en tomar a saída ata a categoría absoluta, na que participaron os maiores de 16 anos. Unha edición que por primeira vez se celebraba en horario nocturno e da que os organizadores salientaron a importantes presenza feminina, xa que representaban o 40% do total de inscritos.

Manuel Lorenzo fíxose co primeiro posto ao superar en 17:08 minutos os 5.400 metros do circuíto, seguido de Luis Miguel Sánchez, mentres que un dos favoritos, Akka Assadoui entraría na meta en terceiro lugar, A primeira das mulleres clasificadas foi Beatriz Fernández Gil cun tempo de 20:22 minutos, seguida de María Angel Castro e María Feijoo.
Malia que o mal tempo restou afluencia de público a esta proba de atletismo, a participación si foi numerosa en todas as categorías converténdose Redondela na noite do pasado sábado nunha festa do atletismo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará