Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela aproba un salario de 45.000€ para a alcaldesa nun pleno bronco entre Rivas e Amoedo

RR_Noticias

Rifirrafe continuado entre a alcaldesa Digna Rivas e a voceira do PP, Carmen Amoedo quen chegou a cualificar ao novo goberno PSOE-AER de “pacto de perdedores”. Continuas chamadas a orde por parte da alcaldesa quen, malia os enfrontamentos e a presidir un goberno en minoría, si logrou sacar adiante os asuntos incluídos neste pleno organizativo. Ademais do salario da rexedora aprobáronse as asignacións económicas ao restos dos concelleiros con responsabilidades de goberno. Quedou sobre a mesa a creación e retribución dos postos de persoal de confianza que queda supeditado á negociación das asignación aos partidos políticos, logo de que así o solicitara o BNG.

Arrancaba o pleno con tensión e enfrontamentos continuados entre a voceira do PP, Carmen Amoedo, e a alcaldesa, Digna Rivas, que de xeito reiterado lle pedía que baixase o ton nas súas intervencións que dende o inicio foron moi belixerantes. De feito, xa no primeiro punto, no que se abordou a conveniencia de adiar media hora o inicio dos plenos que se celebran nos meses de verán, pasando das 20:00 ás 20:30 horas, a voceira do PP chegou cualificar a iniciativa de “intento de coartar a liberdade de expresión dos grupos políticos ao reducir a duración dos plenos media hora”. Máis prolongado foi o debate sobre o salario da alcaldesa, que ascenderá a 45.000 euros logo de que así se aprobara cos votos a favor de PSOE e BNG. De feito, insistía o voceiro do BNG, Xoán Carlos González, que “é necesario que os políticos teñan soldos dignos  atendendo tamén a un traballo no que deben asumir moitas responsabilidades”. Defendía a proposta o socialista Leonardo Cabaleiro insistindo en que o gasto xeral que o novo goberno dedicará a soldos e asignacións é menor do que se destinara a estas partidas no mandato anterior. Con todo, non lograba o PSOE o apoio dos seus socios de goberno, quen optaron pola abstención por “coherencia, xa que hai catro anos defendemos que o salario do alcalde non debía superar os 40.000 euros e nos mantemos na mesma opinión” explicaba dende AER Susana Couñago. Abstención tamén dos concelleiros do PP quen, malia todo, aproveitaron para acusar ao goberno de “incoherente, que agora si admiten salarios de 45.000 euros e dedicacións exclusivas de 30.000, cando hai catro anos rexeitaban esas propostas”.  

Rifirrafe
Escoitamos a voceira do PP Carmen Amoedo e a alcaldesa Digna Rivas
Leonardo Cabaleiro PSOE
Os socialistas defendían os salarios e asignacións aos membros do goberno
Xoán Carlos González BNG
Un salario digno
Susana Couñago AER
Optaron pola abstención por coherencia
Carmen Amoedo PP
A popular criticaba o cambio de aprecer de PSOE e AER nos últimos catro anos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará