Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un gato recupérase no veterinario logo de caer dende un piso na rúa Ernestina Otero

RR_Noticias

Un feito que contou coa intervención da policía local que se desprazaran ata o lugar previamente alertados polos veciños que avisaban de ausencia, dende había días, dunha moza que vivía nun dos pisos do edificio. Os axentes foron testemuñas de cómo o animal, de tan só dous meses de idades, se lanzaba dende unha fiestra que se atopaba aberta. Afortunadamente o animal xa se recupera logo de ser atendido ao momento na clínica veterinaria Santa Mariña.

Os feitos acontecían a primeira hora da tarde do martes cando unha patrulla da policía local de Redondela se desprazaba ata un edificio da rúa Ernestina otero. O obxectivo era coñecer o paradoiro dunha veciña do inmoble logo de que os veciños alertaran de que había días que non a vían no seu domicilio. Unha vez no lugar decatáronse de que había unha fiestra aberta e foron testemuñas da caída dun gato que se precipitaba dende ese segundo andar. Malia non ser moita altura temíase polas consecuencias da caída ao tratarse dun animal de tan so dous meses, polo que foi atendido no momento polos veterinarios da Clínica Santa mariña.
Informan tamén dende a policía que se localizou a inquilina da vivenda que non se atopaba no piso por causas maiores.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará