Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

PSOE e AER escenifican o pacto de goberno coa presentación da programación cultural

RR_Noticias

Tan só unhas horas despois de asinar o seu pacto de goberno, a alcaldesa Digna Rivas xunto co edil de cultura, Daniel Boullosa escenificaban a boa sintonía das dúas formacións políticas na presentación dunha programación cultural que se vai desenvolver durante os vindeiros dous meses. Un programa cultural do que destacaron a importante presenza de artistas femininas así como o incremento no número de actuacións que se celebran fóra do casco urbano, con propostas en Chapela, Reboreda e Cesantes. Confirman que se mantén o Entorido de verán que, adiantan, presentará algunha novidade para “facer unha festa máis integradora para todos públicos”.

A alcaldesa cualificou de “esforzó titánico” a elaboración dunha programación cultural ás portas do verán e en tan só unha semana “para qué os veciños non quedaran sen propostas culturais”. Unha programación que se prolongará ata o 31 de agosto e que repite eventos xa clásicos como o Festival de Artistas de Rúa ou o Entroido de Verán, festa multitudinaria da que preferiron non adiantar quen será o artista ou artistas convidados aínda que si afirmaron “que se lle vai dar unha volta para que teñan cabida nesa festa todos os públicos e todas as idades”. Rivas salientaba os “novos matices” dunha programación na que se quixo incrementar a presenza de grupos formados por mulleres como Habelas hainas que actuará o día 26 de xullo, Lulavai (11 de agosto), Najla Shami (17 agosto) ou De Vacas (23 de agosto). Unhas voces femininas que se comezarán a escoitar esta mesma semana cun concerto este venres día 11 a cargo de Silvia Penide ás 22:00 horas na praza da Casa da Torre e a actuación de Iria Estévez na Alameda Rosalía de Castro de Chapela o domingo ás 22:00 horas co seu espectáculo Clave de fado. Pola súa banda o concelleiro de Cultura, Daniel Boullosa remarcaba que un dos obxectivos do seu departamento será chegar ás parroquias, camiño que comeza andar neste programa no que se inclúen sete actuacións fóra da vila con propostas como o Berete Rock en Chapela, o festival Folk de Reboreda ou a actuación de Guillermo Castro na praia de Cesantes  e salientaba tamén a actuación de Treixadura no paseo marítimo de Chapela (24 de xullo).  

Digna Rivas alcaldesa
Un programa cuxa realización supuxo un esforzo titánico pola falta de tempo
Daniel Boullosa edil de Cultura
Un dos seus obxectivos é levar a cultura ás parroquias
Aposta pola igualdade
Tamén coa presenza de mulleres no programa
Entroido de verán
Será o 24 de agosto e incluirá novidades

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará