Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior fomenta a reciclaxe entre os máis novos

RR_Noticias

A Carballeira de Santa María acolleu unha actividade enmarcada no campamento de verán no que participan 329 rapaces e rapazas, centrada en fomentar valores responsables co medio ambiente como a reciclaxe e a reutilización.

Os participantes das actividades de verán gozaron dunha xornada dedicada á reciclaxe creativa, unha modalidade na que os pequenos poden desenvolver o seu potencial artístico á vez que traballan con valores positivos para a súa educación. Desta maneira, os pequenos reutilizaron uns pequenos pedazos de plástico e uns paus de madeira para crear os seus propios abanos ao estilo asiático.A experiencia, cualificada como moi positiva por parte dos monitores, está a ser repetida polo resto de grupos das actividades variando os obxectos a recuperar, o que aumenta as posibilidades artísticas e de expresión dos pequenos.
O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, destacou a gran acollida que están a ter as actividades de verán municipal e a súa importancia para a conciliación familiar dos veciños. ?Estas actividades, ademais dunha proposta de lecer e educativa para os mozos unha vez terminado o curso escolar, supón unha axuda para moitas familias que, por motivos laborais, ás veces teñen problemas para o coidado dos fillos durante o verán porque non sempre dispoñen de alguén que lles axude a coidalos?, explicou o alcalde.
O programa completo de actividades está dispoñible na páxina web do Concello de Soutomaior.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará