Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela súmase ao apoio á vítima da “manada de Manresa”

RR_Noticias

Máis dun cento de persoas concentráronse na tarde de onte na praza do Concello para amosar o seu apoio á moza violada por seis homes cando tiña tan só 14 anos de idade. Fixérono convocados pola Asociación Feminista Paxaretas nunha xornada na que a menor testificaba no xuizo que se está a celebrar na Audiencia de Barcelona e onde tivo que lembrar como foi violada repetidamente polos seus agresores. Os colectivos feministas reclaman con estas mobilizacións que o caso sexa xulgado como agresión sexual e non como abuso lembrando  que “cando 6 homes te acurralan e te agriden sexualmente estamos falando claramente dunha violación”.

Baixo os lemas “Nos é abuso, é violación” e “Eu créote”, máis dun cento de veciños participaban na concentración que se celebraba en Redondela ao tempo que noutras localidades de Galicia e de todo o Estado en apio á vítima da presunta violación múltiple que tivo lugar en 2016 en Manresa a unha nena de 14 anos de idade. Durante o acto leuse un manifesto no que se lembrou o caso que se está a xulgar estes días en Barcelona esixindo que calquera acto sexual no que non medie o consentimento da muller sexa considerado violación. Tamén houbo nese manifesto palabras de apoio para a menor que agora ten 17 anos e que se enfronta a un xuízo no que ten que relatar como foi vítima dunha violación múltiple cando os seus agresores aproveitaron que se atopaba baixo os efectos do alcohol e as drogas para sometela. As participantes non quixeron esquecer outro tráxico suceso do que se cumpren 11 anos cando José Diego Yllanes Vizcay violou e asasinou a Nagore Laffage en Pamplona, a noite de San Fermín, por non querer ter relacións sexuais con el. Malia demostrarse os feitos o home foi condenado a 12 anos de prisión e un xurado popular condenouno por homicidio e non por asasinato aplicándolle os atenuantes de confesión do delito, arrebato, intoxicación etílica e reparación do dano.  

Manifesto Paxaretas
Esixir que se lles condene por violación e non por abuso
Solidariedade coa vítima
Apoiar a moza violada
11 anos do asasinato de Nagore
Unha vítima cuxo asasino foi condeado por homicidio e non asasinato
As mulleres son cuestionadas
Incluso depois de asasinadas se cuestiona o seu comportamento

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará