Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Deporte, obradoiros e música na celebración da II Kitefest de Cesantes

RR_Noticias

80 kitesurfistas competirán esta fin de semana na proba de regata e big jump que organiza a asociación TMKiteclub e o Concello de Redondela. Unha festa que busca promocionar este deporte e que presenta un completo programa de lecer e actividades completametne de balde que inclúen paddel Surf, Kaiak, bautismos de kite para nenos, un taller de cometas ou clases de crossfit. A música, cun concerto na tarde do sábado a partir das 18:00 horas, correrá a cargo dos grupos Agoraphobia e The Broke e unha sesión Sinsal Sound System grazas á colaboración co Festival Sinsal.

A II edición do KiteFest de Cesantes reunirá esta fin de semana a 80 deportistas que amosarán a súa destreza sobre a táboa en dúas probas exhibición que se celebrarán ao redor das dúas do mediodía tanto o sábado como o domingo.Con todo, as actividades programadas van máis aló e contarán con propostas musicais e actividades en paralelo que buscan atraer a un numeroso público á praia da Punta. Un espazo que segundo salientaron os organizadores “presenta as condicións ideais para este tipo de modalidade deportiva”. Neste sentido o Secretario Xeral para o Deporte da Xunta da Galicia, José Ramón Lete destacou que a enseada de San Simón é  un lugar idílico para a práctica do Kitesurf “Temos as mellores condicións para facer deste deporte como é o da vela, un deporte estratéxico para Galicia” motivo polo que comprometeu o seu apoio a eventos destas características. No mesmo sentido se manifestou a alcaldesa, Digna Rivas, que anunciaba un maior apoio aos deportes náuticos co obxecto de atraer tamén aos máis pequenos “queremos que Redondela sexa un referente no kitesurf e fomentalo aínda máis con todas as institucións para que o KiteFest siga crecendo”.  

Blai TMKite Club
Fálanos das actividades en paralelo que se van desenvolver na praia
José Ramón Lete Secretario Xeral Deporte
Unha modalidade na que podemos ser potencia
Digna Rivas alcaldesa
Aposta por fomentar a práctica do kitesurf en Cesantes

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará