Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os resultados da reconstrución do accidente mortal de Teis tardarán semanas

RR_Noticias

A Garda Civil reconstruíu na mañá de onte o acontecido no pasado mes de maio cando o Peugeot 207 no que viaxaban cinco amigos de Redondela sufría un accidente na autoestrada que acababa coa vida dos tres ocupantes que viaxaban na parte de atrás.

O equipo de Investigación e Reconstrución de Accidentes (DIRAT) da Escola de Tráfico da Garda Civil de Mérida que se encargou da reconstrución que obrigaba a cortar a AP-9 entre as 12.30 e a unha do mediodía de onte no lugar no que aconteceu o fatídico accidente, podería tardar semanas ou incluso meses en entregar ás autoridades xudiciais o informe oficial sobre no que se expliquen as causas que provocaron o sinistro.
Así o explicou o tenente Alfonso García Rodríguez, que está á fronte da investigación e que este martes se personou co equipo que dirixe no lugar dos feitos para solicitar información e recoller datos. Engadiu que deben analizar os pneumáticos, o sistema de dirección, o sistema de freos así como os elementos de seguridade activa e pasiva do automóbil en que viaxaban o cinco mozos.
En canto ao factor humano, explicou, que se deben analizar autopsias e partes de lesións, ademais de todas as circunstancias ás que teñan acceso do condutor e os ocupantes.
Todo iso, xunto coas pegadas na calzada e a información que xa recompilou no seu momento a Garda Civil do Porriño, será examinado coa tecnoloxía máis avanzada para tratar de remitir un informe os máis detallado posible ás autoridades xudiciais, o que pode levar meses.
Un informe que determinará a velocidade á que circulaba o vehículo, cuestión importante pero que podería non ser a causa única do accidente. A investigación de feito céntrase tamén no estado do vehículo, por se houbera algún fallo técnico xa que o coche tiña 15 anos de antigüidade. Tamén se valora o estado das infraestruturas viarias e o factor humano, por se algunha delas puidera ser a causa.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará